Lingua warlpiri
Warlpiri | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Elpira, Ilpara, Ngaliya, Ngardilpa, Wailbri, Walbiri, Walmama e Walpiri | |
Falado en: | Australia | |
Rexións: | Territorio do Norte | |
Total de falantes: | 2 507 (2006)[1] | |
Familia: | Linguas pama-nyunganas Linguas ngumpin–yapa Linguas ngarrkic Warlpiri | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wbp
| |
Mapa | ||
Status | ||
O warlpiri é unha lingua aborixe de Australia falada no Territorio do Norte por arredor de 2 500 persoas. Pertence á familia lingüística de linguas pama-nyunganas e é unha das linguas indíxenas australianas máis importante por número de falantes.
Localización
[editar | editar a fonte]Os seus falantes atópanse principalmente en varios asentamentos e cidades do Territorio do Norte como Ali Curung Willowra, Alice Springs, Darwin, Katherine, Lajamanu e Yuendumu, aínda que tamén se poden encontrar en zonas de Australia Occidental en contacto coa lingua kukatja[2].
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Nas seguintes táboas do sistema fonolóxico da lingua warlpiri, os símbolos en letra grosa amosan o alfabeto práctico usado pola comunidade warlpiri. Os valores do Alfabeto Fonético Internacional están entre corchetes ([ - ]).
Vogais
[editar | editar a fonte]Anterior | Central | Posterior | |
---|---|---|---|
Pechada | i [i], ii [iː] | u [u], uu [uː] | |
Aberta | a [a], aa [aː] |
A lingua warlpiri ten un sistema estándar de tres vogais similar ao do árabe clásico. Distingue entre vogais longas e curtas o que fai un total de seis sons vocálicos.
Consoantes
[editar | editar a fonte]Periferal | Laminar | Apical | |||
---|---|---|---|---|---|
Bilabial | Velar | Palatal | Alveolar | Retroflexa | |
Oclusiva | p [p] | k [k] | j [c] | t [t] | rt [ʈ ] |
Nasal | m [m] | ng [ŋ] | ny [ɲ] | n [n] | rn [ɳ ] |
Vibrante múltiple | rr [r] | ||||
Vibrante simple | rd [ɽ] | ||||
Lateral | ly [ʎ] | l [l] | rl [ɭ ] | ||
Aproximante | w [w] | y [j] | r [ɻ ] |
Dialectos
[editar | editar a fonte]Existen varios dialectos de lingua warlpiri mais non hai consenso sobre o seu número. Laughren e Hale (1996) identifican sete dialectos principais[3]:
- Warrmarla (tamén coñecido como warlpiri occidental)
- Ngardilypa (warlpiri noroccidental)
- Wawulya (warlpiri suroccidental)
- Warnayaka (warlpiri central-setentrional)
- Ngaliya (warlpiri meridional)
- Yarlpiri (warlpiri do río Lander ou simplemente warlpiri)
- Wakirti Warlpiri (warlpiri do río Hansen)
Lingua de sinais warlpiri
[editar | editar a fonte]A lingua de sinais warlpiri é unha lingua de sinais que complementa ou substitúe a lingua warlpiri en determinadas situacións de comunicación. Ten a súa orixe nos tabús da linguaxe propios do pobo warlpiri. Trátase dun sistema de comunicación tan completo como a propia lingua oral e é unha das máis complexas e elaboradas de entre as linguas de sinais aborixes de Australia, así como a máis documentada e estudada.
Recoñecemento institucional
[editar | editar a fonte]En decembro de 2015, a deputada liberal Bess Nungarrayi Price, tentou empregar a lingua warlpiri no Parlamento do Territorio do Norte, mais foi chamada á orde. En febreiro de 2016 demandou o recoñecemento oficial das linguas aborixes nesta institución[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AUSTLANG (ed.). "Warlpiri". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ ethnologue.com (ed.). "Warlpiri". Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ Laughren, Hoogenraad e Hale, Granites (1996). IAD Press, ed. A Learner's Guide to Warlpiri: Tape course for beginners. Alice Springs.
- ↑ "O veto a unha deputada aborixe reabre o debate sobre a prohibición das linguas orixinarias en Australia". Sermos Galiza. 1 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.