Les Fourmis
Les Fourmis | |
---|---|
Título orixinal | Les Fourmis |
Autor/a | Bernard Werber |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Triloxía de Les Fourmis |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Le Livre de Poche |
Data de pub. | 1991 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 306 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Les Fourmis é unha novela de 1991 de ciencia ficción escrita polo francés Bernard Werber. É a primeira entrega da triloxía La Saga des Fourmis[1] (tamén coñecida como La Trilogie des Fourmis),[2] que continuou con Le Jour des fourmis (1992) e La Révolution des fourmis (1996).[3] A novela foi adaptado en formato de videoxogo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama comeza como dúas historias que se desenvolven en paralelo: unha no mundo dos humanos (en París), a outra no mundo das formigas (nunha colonia de formigas nun parque próximo a París). A época é a comezos do século XXI (o futuro próximo, en relación coa época na que Werber escribiu o libro). O personaxe humano recibe unha casa e unha mensaxe provocadora como herdanza do seu tío recentemente falecido. Comeza a investigar a vida e as misteriosas actividades do seu tío, e decide descender á adega da casa pero non regresa. A súa familia e outras persoas ségueno e desaparecen. O personaxe da formiga é un macho cuxa expedición de alimentación é destruída nun só golpe por unha forza misteriosa que vén de arriba. Sospeita que unha colonia doutra especie de formigas atacounos cunha arma secreta, e intenta reunirse coa raíña e reunir outras formigas para investigar o desastre. Porén, atrae a atención dun grupo secreto de formigas dentro da mesma colonia que parece querer ocultar esta información. A medida que se desenvolve a trama, os humanos e as formigas atopan novos misterios e participan en eventos desafiantes, incluíndo unha guerra entre diferentes especies de formigas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Werber, Bernard. La Saga des Fourmis.
- ↑ Werber, Bernard. La Trilogie des Fourmis.
- ↑ Werber, Berard (1996). La Révolution des fourmis (The Revolution of the Ants).