[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Laura Branigan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaura Branigan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Laura Ann Branigan Editar o valor en Wikidata
3 de xullo de 1952 Editar o valor en Wikidata
Mount Kisco, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de agosto de 2004 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
East Quogue, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaneurisma cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor en Wikidata
EducaciónAmerican Academy of Dramatic Arts (–1972)
Byram Hills High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica pop, filme e música popular Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, actriz de cinema, letrista, artista discográfico, pianista, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop e folk rock Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLawrence Kruteck (1978–1996), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina weblaurabraniganonline.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0105104 Rottentomatoes: celebrity/laura_branigan Allmovie: p8115 Metacritic: person/laura-branigan TV.com: people/laura-branigan
Facebook: laurabranigan Twitter: laurabranigan Youtube: UChUr6-Fbc5f5FH9f0YNWLfQ Pinterest: born53 BNE: XX997315 Souncloud: laurabranigan Spotify: 4463nfFMmK1cwAWBQDwT5e iTunes: 555271 Last fm: Laura+Branigan Musicbrainz: 917976a6-75b1-46af-b57b-71f13de20422 Songkick: 10090698 Discogs: 112966 Allmusic: mn0000139655 WikiTree: Branigan-62 Find a Grave: 9375990 Deezer: 611 Genius: Laura-branigan Editar o valor en Wikidata

Laura Ann Branigan, nada en Brewster, Nova York, o 3 de xullo de 1952[1][2][3][4][5] e finada en East Quogue, Nova York, o 26 de agosto de 2004,[6] foi unha cantante, compositora e actriz estadounidense. A súa canción máis popular o éxito de 1982 "Gloria", que estivo na lista de Billboard durante 36 semanas, entón un récord entre as artistas femininas. En 1984 chegou ao número un no Canadá e en Alemaña e ao número 4 nos Estados Unidos con "Self Control".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Laura Branigan naceu en 1952 no norte do estado de Nova York,[7] cuarta dos cinco fillos de Kathleen O'Hare Branigan (1921–2006)[8] e James Branigan, Sr. (1914–1984), executivo de contas e corretor de fondos, que posteriormente se separaron. Criouse en Armonk.[9]

Estudou na American Academy of Dramatic Arts de Nova York[10] e traballou de camareira mentres estudaba. Finalmente, traballou como corista de Leonard Cohen, durante unha xira por Europa. En 1979 foi contratada por Ahmet Ertegün, de Atlantic Records, mais o selo discográfico non estaba seguro de como categorizala, dado que tiña unha voz forte, cun rango de 4 oitavas.

En marzo de 1982 lanzouse o álbum Branigan, que incluía a canción "Gloria" (gravada orixinalmente por Umberto Tozzi en 1979), que se converteu de inmediato nun éxito internacional. As radios estadounidenses non foron inicialmente receptivas á canción, xa que a combinación do son estadounidense co europeo supuña unha inminente segunda "invasión británica". A canción foi gañando posicións aos poucos, ata converterse nun dos grandes éxitos da década. Chegou a obter un disco de ouro e un disco de platino e a súa interpretación valeulle unha candidatura aos premios Grammy.

No verán de 1983, Branigan lanzou o seu segundo álbum, Branigan 2, cando o estilo europeo synthpop estaba no seu punto máis alto, e Branigan manexou moi axeitadamente a versión en inglés do tema francés "Solitaire", que alcanzou un lugar moi alto nas listas de vendas. Afirmouna nun lugar da historia da música pop e confirmou que non era unha "artista dun só éxito". Este álbum tamén supuxo o primeiro éxito de Michael Bolton, coletrista da canción "How Am I Supposed to Live Without You" e Diane Warren, quen realizou a adaptación en inglés da canción "Solitaire".

O ano 1984 foi o máis alto en canto a fama, xa que a esmagadora produción e o estilo susurrante de "Self Control", canción do cantante italiano Raf, valeulle un éxito mundial. O seu terceiro álbum asaltou a todo o mundo. Como "Gloria", foi producido polo alemán Jack White.[11][12] A canción converteuse no seu maior éxito internacional, alcanzando os dez primeiros postos de vendas en numerosos países e converteuse case nun himno na radio e nas pistas de baile de todo o mundo, especialmente en Alemaña, onde estivo sete semanas no primeiro posto.

Para o cuarto álbum de Laura, Hold Me (1985), "Self Control" xa varrera territorios que os discos anteriores non coñeceran. De Suramérica a Oceanía, o tema principal "Spanish Eddie" foi o seu sexto éxito en dous anos e medio, e chegou a entrar entre os corenta primeiros, aínda que non superou a posición 20. Hold Me repetiu entre os corenta primeiros e o lanzamento da balada de rock "I Found Someone" (coescrita por Michael Bolton) entrou nas listas de AC ("Adult Contemporary Singles").

En 1987, o álbum Touch marcou un cambio na súa carreira. Cunha nova dirección e recorrendo a novos produtores, tomou un papel máis activo no seu traballo e no estudo. Este disco supuxo o seu regreso ás pistas de baile. Xunto ao trío de compositores Stock, Aitken & Waterman, produciu Shattered Glass, un dos maiores éxitos Hi-NRG. O álbum tamén incluíu a súa versión do éxito de Jennifer Rush "The Power of Love", canción que se situou entre as vinte máis vendidas durante a tempada de Nadal de 1987.

Carreira nos noventa

[editar | editar a fonte]

Laura Branigan, o novo álbum, levou de novo a cantante ás listas de estilo "High Energy" e, con Moonlight on Water, chegou ao máis alto do Top 30 AC. O sétimo álbum de Branigan, Over My Heart (1993), dirixido por Phil Ramone, foi o máis ecléctico. A madureza persoal do artista reflíctese no álbum ao expor temas transcendentais como a perda dun ser querido, un aspecto que tvio verdadeiro significado e espazo no futuro da cantante. Do mesmo disco destaca "The Sweet Hello, The Sad Goodbye", canción escrita por Per Gessle, membro do dúo sueco Roxette. Pouco tempo despois do lanzamento do álbum, deixou a escena musical para pasar un tempo co seu marido, Lawrence "Larry" Kruteck, que caera enfermo de cancro de colon. Por desgraza, Larry morreu en 1996[7][13] e non foi ata poucos anos despois cando Laura volveu á esfera pública, disposta a continuar. A pesar de experimentar o arrefriamento con respecto ao seu regreso á popularidade, a imaxe de Branigan aínda era recoñecida en todo o mundo, polo que emprendeu unha xira mundial, que incluíu lugares como Australia, Suráfrica e Chile.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En 2001, gravou unha versión do éxito de ABBA "The Winner Takes It All", e comezou a traballar en material para un novo álbum, mais o regreso pospúxose debido a fracturas de ambos os fémures, que se produciron debido a unha lesión nunha escaleira na súa casa do condado de Westchester.[7] En 2002 regresou ao espectáculo interpretando o papel de Janis Joplin no musical de off-Broadway Love, Janis, polo que recibiu numerosos recoñecementos.[14]

Laura Branigan perdeu a vida mentres durmía na súa casa de East Quogue, en Long Island, o 26 de agosto de 2004,[3] debido a un aneurisma cerebral. O seu pai e o seu avó paterno morreran pola mesma causa. O seu irmán Mark Branigan indicou que a cantante dixera a un amigo que sufrira dores de cabeza durante as últimas dúas semanas mais que non solicitara atención médica.[15] Foi incinerada e as súas cinzas espalláronse polo estreito de Long Island.

Arredor de 2005, os seus seguidores abriron un memorial na casa onde vivira Laura coa súa nai, á que coidaba meses antes da súa morte. No que se converteu nun evento anual, os seus seguidores reencontráronse en 2006 e conmemoraron así a súa vida e o seu legado artístico.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Aínda que a maioría das fontes no tempo da súa morte dicían que a data do seu nacemento era 1957, fontes de confianza confirmaron que nacera en 1952.
  2. "Laura Branigan, American singer". Encyclopædia Britannica. 18 de outubro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Correction: Laura Branigan obituary". Associated Press (publicado o 16 de decembro de 2016). 18 de febreiro de 2017. 
  4. Johnson, Richard (24 de agosto de 2015). "Laura Branigan was 52, not 47, when she died". Page Six. Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  5. Gray, Madison. "Correction: Laura Branigan obituary". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  6. "Laura Branigan, a Grammy-nominated pop singer best known for her 1982 platinum hit "Gloria," has died". Billboard. Associated Press. 30 de agosto de 2004. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Laura Branigan is facing the music". CNN. 1 de maio de 2002. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  8. "LAURAS MOM HAS PASSED AWAY – The Official Laura Branigan Discussion Forum". aimoo.com. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  9. Obit for Armonk pop star Laura Branigan corrected again, 12 years later
  10. "Branigan, Laura". encyclopedia.com. Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  11. Laura Branigan - Evening Magazine interview. 1985. Consultado o 17 de xaneiro de 2021 – vía YouTube. 
  12. Jack White accepts award on TV show Formel Eins. 1984. Consultado o 17 de xaneiro de 2021 – vía YouTube. 
  13. "Laura Branigan: 1957–2004 – The Singer Shot to Fame with Gloria, but Gave It Up to Care for Loved Ones". People. 13 de setembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2011. Consultado o 11 de abril de 2011. 
  14. Crisp, Marty (1 de agosto de 2002). "Laura Branigan learns the answer to her pop query". Sunday News (Lancaster, PA). Consultado o 25 de abril de 2011.
  15. "Singer Laura Branigan Dies at 47". Billboard.com. Consultado o 10 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]