Lago Vättern
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Suecia | |||
División administrativa | concello de Askersund, Suecia, Concello de Motala, Suecia, Vadstena, Suecia (pt) , Ödeshög, Suecia (pt) , Concello de Jönköping, Suecia, concello de Habo, Suecia, Hjo (municipio), Suecia e Karlsborg (municipio), Suecia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Motala ström (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 88,5 m | |||
Profundidade | 128 m | |||
Dimensións | 30 () × 120 () km | |||
Perímetro | 550 km | |||
Superficie | 1.893 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 6.000 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 77.600.000.000 m³ | |||
O Vättern é o segundo lago máis grande de Suecia, despois do Vänern, e o sexto máis grande de Europa. É un corpo de auga alongado no centro da parte sur do país que apunta cara a punta de Escandinavia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A superficie total do lago e de 1 912 km², cunha conca de drenaxe un pouco maior do dobre desa cantidade, duns 4 503 km². O seu punto máis profundo, situado no sur da illa de Visingsö, ten 128 metros, mentres que a profundidade media é de 41 metros. O lago ten un perímetro duns 642 quilómetros. O seu volume é de 77,0 km3.
Situado en Götaland, o lago é drenado polo Motala ström, que comeza en Motala, e flúe finalmente a través dunha canle controlada cara ao mar Báltico. O lago contén a pintoresca illa de Visingsö, situada en fronte de Gränna. Outras cidades que se atopan nas ribeiras do lago son Vadstena, Jönköping, Hjo, Askersund, Åmmeberg e Karlsborg. Limita coas provincias de Västergötland, Närke, Östergötland e Småland.
No norte hai un fiorde interior peculiar pero non montañoso chamado Alsen. Ao redor do 62% da conca de drenaxe está cuberta de abetos, piñeiros e bosque caducifolio. Un 26,7% está dedicada ao agro.