[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lagartera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLagartera
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°54′45″N 5°12′08″O / 39.9125, -5.2022222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Toledo Editar o valor en Wikidata
CapitalLagartera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.306 (2023) Editar o valor en Wikidata (16,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie81 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude389 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Vicente Amor Jiménez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal45567 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE45082 Editar o valor en Wikidata

Páxina weblagartera.es Editar o valor en Wikidata

Lagartera é un concello de Castela-A Mancha, ao oeste da provincia de Toledo, agrícola e gandeiro, situado ao norte do río Texo, que pertence á comarca da Campana de Oropesa. O seu xentilicio é lagarterana ou lagarterano.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado a 115 km da capital toledana, moi próximo ao límite da provincia de Cáceres e limítrofe coa provincia de Ávila, «á la falda N. de un cerrito o berrocal bastante pendiente, escabroso, muy extendido y desigual.»,[1] limita ó norte co concello de Candeleda, ó sur con Torrico e Oropesa, ó leste con Oropesa, e ó oeste con Herreruela de Oropesa, La Calzada de Oropesa e Oropesa, e está bañado polo río Tiétar.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 422 habitantes (1 595 no 2010 e 1 839 no 2000) o que supón un continuo descenso dende o ano 2008.[2]

Gráfica de evolución demográfica de Lagartera entre 1996 e 2017
Fonte: INE.
Serie de poboación
(Fonte/s: INE)
Ano19981999200020012002200320042005200620072008200920102011201220132014201520162017
Poboación18911870183918131762170116521621155615911601159615951564155815221505150314681422

A orixe estivo no barrio de "Toledillo" que se une co resto do casarío por unha ponte. Pertenceu ao condado de Oropesa ata que en 1620 se declarou vila, co que tivo administración propia.[3]

Novia lagarterana (1912), Sorolla, Museo Sorolla.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Ermida dos Santos Mártires.[4]
  • Igrexa parroquial de El Salvador, gótica do século XVI, con elementos barrocos dos s. XVII e XVIII, de tres naves con cruceiro, ábsida plana e coro.[5]
  • Museo Municipal Marcial Moreno Pascual, que alberga valiosas pezas bordadas e obras pictóricas do autor que dá nome ao espazo, nado en Lagartera en 1911 e finado en 1983.[6]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • Corpus Christi, en xuño. Móntanse altares nas rúas e prazas para recibir á eucaristía coas mellores e máis antigas pezas de deshilados lagarteranos.
  • El Salvador, festa patronal, a primeira fin de semana de agosto.
  • El Rosario, o primeiro domingo de outubro.

Economía

[editar | editar a fonte]

A comercialización dos seus bordados artesanais empezou a comezos do século XX. A maior parte da economía da vila baséase nesa actividade.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

O alcalde é, dende o ano 2011, o popular José Vicente Amor Jiménez.

Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Rufino Santillana Otero Partido Socialista Obrero Español PSOE
1983-1987 Máximo Santillana Garía Partido Socialista Obrero Español PSOE
1987-1991 Benjamín Otero Corrochano Partido Socialista Obrero Español PSOE
1991-1995 Benjamín Otero Corrochano Partido Socialista Obrero Español PSOE
1995-1999 Benjamín Otero Corrochano Partido Socialista Obrero Español PSOE
1999-2003 Manuel García Lozano Partido Socialista Obrero Español PSOE
2003-2007 Lorenzo Lozano Bermejo Partido Socialista Obrero Español PSOE
2007-2011 Lorenzo Lozano Bermejo Partido Socialista Obrero Español PSOE
2011-2015 José Vicente Amor Jiménez PP PP
2015-2019 José Vicente Amor Jiménez PP PP
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d
  1. Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X. Madrid: Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. p. 19. 
  2. INE. "Poboación por municipios". 
  3. "Historia" Deputación provincial.
  4. "Monumentos" Deputación provincial.
  5. "Iglesia de "El Salvador" Concello.
  6. Turismo de Castilla-La Mancha (en varias linguas).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]