Lactobacillales
Lactobacillales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Streptococcus pneumoniae | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
Aerococcaceae |
Lactobacillales é unha orde de bacterias grampositivas que comprende as bacterias do ácido láctico. Encóntranse no solo, auga, plantas e animais. Utilízanse na produción de alimentos fermentados, como iogur, queixo, manteiga, quefir etc., nos que orixinan a formación de ácido láctico a partir de azucres. Tamén son responsables da fermentación maloláctica na produción do viño, e fermentan os repolos para facer sucrut. Hai tamén especies patóxenas como Streptococcus pneumoniae ou Enterococcus faecalis.
Características
[editar | editar a fonte]- As Lactobacillales teñen células de formas variadas: cocos, bacilos ou cocobacilos.
- Obteñen a enerxía da oxidación de compostos orgánicos.[1]
- Son grampositivas
- Non esporuladas, xeralmente non móbiles
- Oxidase negativas (ausencia do encima oxidase)
- Catalase negaivas (ausencia do encima catalase).
Ademais, o riboswitch de caixa SMK encóntrase só na orde Lactobacillales.
Familias
[editar | editar a fonte]Comprenden as familias Aerococcaceae, Carnobacteriaceae, Enterococcaceae, Lactobacillaceae, Leuconostocaceae, e Streptococcaceae.
A familia tipo é a das Lactobacillaceae que ten numerosas especies que forman parte da microbiota da boca, tracto gastrointestinal e vaxina dos animais homeotermos. Estes bacilos están presentes en alimentos lácteos, carne, peixe, cereais, froitas, zumes de froitas, legumes, prebes e pratos cociñados.[1] Utilízanse na produción de alimentos fermentados como o queixo ou iogur e outros. As Aerococcaceae encóntranse no aire, po, vexetación e solo. As Carnobacteriaceae encóntranse na carne envasada ao baleiro, o queixo, peixe ou nos lagos antárticos meromícticos[2]. As Enterococcaceae forman parte da flora intestinal dos mamíferos e aves, e algunhas son patóxenas, como Enterococcus faecalis. As Leuconostocaceae encóntranse nas plantas e en diversos alimentos como o leite e os produtos lácteos fermentados, produtos vexetais fermentados e carne. Moitas Streptococcaceae son comensais ou parasitos de animais, e algunhas moi patóxenas como Streptococcus pneumoniae.[2].
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A orde Lactobacillales foi proposta inicialmente en 2005, e foi descrita en 2009 no volume 3 da segunda edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (Ludwig et al.) e validado en marzo de 2010 e inscrito na lista de validación 132. A taxonomía aceptada actualmente desta orde está baseada na LPSN [3] [4] e a filoxenia foi elaborada segundo as secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do 'The All-Species Living Tree' Project [5]
Lactobacillales |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lactobacillales parte 2 (continuación)
[editar | editar a fonte]Lactobacillales parte 2 |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non están na LPSN.
Xéneros de bacterias do ácido láctico
[editar | editar a fonte]- Abiotrophia
- Aerococcus
- Carnobacterium
- Enterococcus
- Lactobacillus
- Lactococcus
- Leuconostoc
- Oenococcus
- Pediococcus
- Streptococcus
- Tetragenococcus
- Vagococcus
- Weissella
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Prokaryotes". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Boone, David R.; George M. Garrity, Richard W. Castenholz, Don J. Brenner, Noel R. Krieg, James T. Staley (2001). Springer, ed. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology: The Firmicutes. ISBN 0387684891.
- ↑ Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. J.P. Euzéby. "Lactobacillales". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-05-17.
- ↑ Ver NCBI Lactobacillales Sayers; et al. "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2012-05-17.
- ↑ Ver 'The All-Species Living Tree' Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2012-05-17.