Kosmos 51
Aparencia
Kosmos 51 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico / observatorio espacial |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 9 de decembro de 1964, 23:02 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Proba de sistemas de orientación eléctrica no espazo e observación de raios cósmicos.[2] |
Decaemento | 14 de novembro de 1965[1] |
NSSDC ID | 1964-080A |
Masa | 350 kg[2][5] |
Kosmos 51 (Космос 51 en ruso), tamén denominado DS-MT N°3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 9 de decembro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 51 foi o terceiro satélite da serie DS-MT de tres que se lanzaron, e o segundo lanzado con éxito. Foi inxectado nunha órbita inicial de 537 km de apoxeo e 258 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,8 graos e un período de 92,6 minutos.[5]
O satélite pesaba 350 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de orientación eléctrica mediante xirodino no espazo, así como facer observacións sobre raios cósmicos.[2][5].
Kosmos 51 reentrou na atmosfera o 14 de novembro de 1965.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 51" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 51" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012.
- ↑ [hhttp://www.unoosa.org/oosa/osoindex/data/documents/ru/a/aac.105inf.089.html "Letter dated 23 February 1965 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space"]. COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 30 de xaneiro de 1965. A/AC.105/INF.089. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-MT" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-MT" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012.