Kimberley
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | Cabo Setentrional | |||
Distritos municipais da África (pt) | Frances Baard District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Sol Plaatje Local Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 225.160 (2011) (2.490,71 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90,4 km² | |||
Altitude | 1.184 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1873 | |||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 8301 e 8300 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 053 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | solplaatje.org.za |
Kimberley é a capital da Provincia Setentrional do Cabo, na República Surafricana. Segundo o plan urbano de Kimberley de 1998, a cidade conta cuns 210.800 habitantes e cuns 46.207 fogares, dos que o 65% o compoñen "coloureds" e brancos. O aeroporto de Kimberley está situado a sete quilómetros da cidade. A poboación atópase preto do río Orange e é famosa por ser a localidade onde se identificou por primeira vez a roca kimberlita.
Historia
[editar | editar a fonte]A minería e a fundación da cidade
[editar | editar a fonte]En 1866 Erasmus Jacobs atopou unha pequena pedra branca nas beiras do río Orange, na granxa De Kalk, arrendada aos griquas, preto de Hopetown. A pedra resultou ser un diamante de 21,25 quilates (4,25 gramos). En 1871 atopouse nas ladeiras de Colesberg Kopje un diamante aínda máis grande, de 83,50 quilates (16,7 gramos), que conduciu á primeira febre do diamante na rexión. Cando chegaron miles de mineiros, o outeiro desapareceu e o lugar que ocupaba foi coñecido como The Big Hole (O Buraco Grande en inglés).
Na zona construíuse unha cidade, New Rush, que foi rebautizada como Kimberley o 5 de xuño de 1873, en honra ao entón Ministro de Asuntos Exteriores británico para as Colonias, John Wodehouse, primeiro Conde de Kimberley. Os británicos, que tiñan o control da maior parte de Suráfrica, anexionaron rapidamente a área das minas de diamante, que se converteu na colonia británica do Griqualandia Occidental. Isto molestou aos bóers, debido a que querían que fose parte do Estado Libre de Orange, xa que a zona atópase entre os ríos Orange e Vaal.
A compañía máis grande que operaba con minas de diamantes en Suráfrica era a Compañía De Beers, de Cecil Rhodes. Kimberley converteuse rapidamente na cidade máis grande da zona, sobre todo debido a unha masiva inmigración africana proveniente de todas as partes do continente. Os inmigrantes foron aceptados cos brazos abertos, porque a compañía De Beers necesitaba man de obra barata para o traballo nas minas.
Escaváronse cinco grandes buracos na terra, aos que seguiron as conducións de kimberlita. A maior de todas elas, a mina Kimberley ou Big Hole cubría 170.000 m2, alcanzando unha profundidade de 240 metros e cunha produción de 3 toneladas de diamantes. A mina pechouse en 1914, mentres que tres dos foxos restantes -Du Toitspan, Wesselton e Bultfontein- pecháronse en 2005.
Crecemento da cidade
[editar | editar a fonte]Kimberley converteuse o 2 de setembro de 1882 na primeira cidade do Hemisferio Sur en instalar iluminación eléctrica nas rúas. A crecente importancia de Kimberley permitiulle albergar unha das primeiras Exhibicións Internacionais e Surafricanas en 1892. A exhibición foi inaugurada o 8 de setembro por sir Henry Loch, entón Gobernador da Provincia do Cabo de Boa Esperanza. Realizáronse exposicións de arte, unha exposición de cadros da colección real da raíña Vitoria I e maquinaria e ferramentas para a minería entre outros obxectos. A exhibición espertou un interese considerable a nivel internacional, do que resultou unha gran competencia para lograr un lugar para poder expor nela.
En 1896 abriuse en Kimberley a primeira escola de minas de Suráfrica e posteriormente foi trasladada a Johannesburgo, que resultou o embrión da Universidade da Witwatersrand. De feito, os primeiros dous anos as clases dábanse en Cidade do Cabo, Grahamstown ou Stellenbosch, o terceiro ano en Kimberley e o cuarto en Johannesburgo. De Beers pagou enteiramente as 9.000 libras esterlinas que custaron os edificios.
O 14 de outubro de 1899, a cidade foi asediada ao comezo da Segunda Guerra dos Bóers. As forzas británicas sufriron numerosas baixas ao tentar levantar o asedio. O 15 de febreiro de 1900 levantouse o asedio, pero a guerra continuou até maio de 1902. Por aquel tempo, os británicos construíran un campo de concentración para albergar mulleres e nenos bóers en Kimberley. En 1913 abriuse a primeira escola de aviación de Suráfrica e empezaron a adestrarse pilotos para o Corpo de Aviación Surafricana (South African Aviation Corps en inglés), máis tarde coñecido como Forza Aérea Surafricana (South African Air Force en inglés). En Kimberley tamén se abriu a primeira bolsa de valores do país. Kimberley propuxo en maio de 2007 ao novo Kimberley Stadium como unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010, aínda que finalmente non foi elixido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kimberley en Google Maps
- Diamond MinesArquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Aeroporto de Kimberley
- Información do Aeroporto de Kimberley