Kim Jong-un
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee.
Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte. Foi declarado Comandante Supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 2011. É un Daejang do Exército Popular de Corea, un rango militar equivalente á un Xeneral. Dise que estudou de forma privada ciencias da computación en Corea do Norte. Ten dúas licenciaturas, unha en física na Universidade Kim Il-sung e outra na Academia Militar Kim Il-sung.
En 2012 foi elixido pola Asemblea Popular Suprema, como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea, o cargo de goberno máis alto do país e foi reelixido en 2014. En 2016 o nome do cargo mudou polo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea. Foi reelixido en 2019.
Nacemento
[editar | editar a fonte]Segundo as fontes oficiais norcoreanas naceu o 8 de xaneiro de 1982[1] así e todo, a intelixencia surcoreana cre que o nacemento é un ano posterior[2], a modificación do ano de nacemento puido ser por razóns simbólicas; 1982 marca os 70 anos do nacemento do seu avó, Kim Il-sung, e 40 anos do nacemento do seu pai Kim Jong-il. O departamento do tesouro dos Estados Unidos estableceu a data de nacemento no 8 de xaneiro de 1984[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Everything you need to know about North Korean leader Kim Jong Un". ABC News. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Rodman Gives Details on Trip to North Korea". The New York Times. 9 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013.
- ↑ Szoldra, Paul; Bondranenko, Veronika (19 de abril de 2017). "How North Korean leader Kim Jong-un, 33, became one of the world's scariest dictators". The Independent.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |