[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Keiko Yamada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKeiko Yamada
Nome orixinal(ja) KEIKO Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 山田 桂子 Editar o valor en Wikidata
18 de agosto de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Usuki, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ11432893 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónletrista, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAvex Globe (en) Traducir
Avex trax
Universal Music Group Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTetsuya Komuro (2002–2021), divorcio Editar o valor en Wikidata

Páxina webavexnet.or.jp… Editar o valor en Wikidata
Twitter: Ks_tenki Musicbrainz: df431b4c-9acb-4247-8e98-0f65ed363508 Songkick: 213687 Discogs: 127004 Editar o valor en Wikidata

Keiko Komuro (小室 桂子 Komuro Keiko?), nada en Usuki (prefectura de Ōita) o 18 de agosto de 1972, é unha cantante xaponesa coñecida entre o público como KEIKO. O seu nome de solteira era orixinalmente Keiko Yamada. Keiko é a cantante do popular grupo de música dance xaponés Globe dende 1995, e contraeu matrimonio co tamén membro da banda Tatsuya Komuro o 22 de novembro do ano 2002.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A moza nunca estivo ligada profesionalmente a música ata que, polo consello duns amigos que lle dicían que tiña unha gran voz, asistiu o casting EuroGroove Night Talent Search, organizado polo produtor e músico xaponés Tetsuya Komuro coa finalidade de buscar un novo talento feminino para crearlle unha carreira profesional. A nova Keiko quedou como elixida de Komuro, e xunto a el mesmo e o modelo francés pero criado no Xapón, Marc Panther formaron o que finalmente sería unha das máis grande sensacións dos anos 90: a banda Globe.

Pronto KEIKO pasou a ser a máis popular dos integrantes da banda, converténdose tamén nun ídolo da metade dos anos noventa. Dende o seu debut a imaxe da cantante cambiou radicalmente, e resulta case imposible comparar a súa imaxe na actualidade (ou nos últimos anos), coa imaxe que tiña no momento do seu debut xunto a Globe. O seu estilo tamén fixo que conseguira moitos seguidores, que a consideran unha icona da moda. Dende a súa primeira aparición na televisión en 1995 ata 1998 conservou algo a súa cor de pelo, pero sorprendeu a todos tras cambialo de cor a rubio, dentro da época na que o terceiro álbum da súa banda, "Love Again", era lanzado o mercado. Pronto volvía a escurecelo, para no 2000 dar os seus primeiros pasos como solista no proxecto de globe featuring. Os tres integrantes da banda lanzaron singles promocionais en solitario, pero o de KEIKO foi o que conseguiu un maior éxito, posicionandose nos primeiros lugares dos singles máis vendidos. O éxito conseguido incluso lle deu a oportunidade de saír de xira en solitario ese mesmo ano, por algunhas cidades do Xapón.

No ano 2001, mentres globe facíase un perfil máis baixo, Keiko participou nunha canción xunto a cantante Ayumi Hamasaki para o álbum de beneficencia "Song+Nation", do cal as súas vendas irían en axuda das vítimas das Torres xemelgas. O tema, composto polo seu compañeiro de banda Tetsuya Komuro, máis tarde tamén foi gravado exclusivamente por Keiko (como tamén fixo Hamasaki para un dos seus álbums), o cal foi acreditado como globe version. Tras que no 2002 Globe regresaba de forma máis activa á industria cun novo estilo máis ligado o Trance, Keiko gravou unha canción para Cyber X chamada "Be True", para a gama de compilacións de música electrónica xaponesa Cyber Trance, que pertence o selo Avex Trax. No 2003 lanza o seu primeiro traballo en solitario baixo o proxecto globe KEIKO solo proyect, un single/mini álbum chamado KCO (a pronunciación de Keiko en inglés), pero igualmente lanzado polo selo privado da súa banda avex globe.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Título Lanzamento
on the way to YOU 29 de marzo, 2000
a song is born 12 de decembro, 2001
be true 25 de xuño, 2003
KCO 10 de decembro, 2003

Concertos

[editar | editar a fonte]
Título Data
KEIKO solo tour 2000 ~on the way to YOU~ 2000
KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2000 2000
KEIKO solo "blooming tour 2000" 2000
KEIKO'S BIRTHDAY PARTY 2001
KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2002 2002
2003 KEIKO'S BIRTHDAY LIVE featuring TK 2003
TOWER RECORDS PRESENTS KEIKO CHRISTMAS SPECIAL LIVE 2003

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]