Kat Bjelland
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1963 (60 anos) Salem, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Oregón Woodburn High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositora de cancións |
Período de actividade | 1982 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra e voz |
Katherine Bjelland, nada en Salem (Oregón) o 8 de decembro de 1963, foi a cantante e guitarrista da banda de rock alternativo estadounidense Babes in Toyland. Tamén foi cantante e guitarrista da banda Katastrophy Wife.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A pesar de asociar a Bjelland coa escena musical da cidade de Minneapolis (Minnesota), naceu en Salem e medrou en Woodburn (Oregón). Seus pais divorciáronse cando era nova, e ese feito tivo un grande efecto na súa vida.
Asistiu á Woodburn High School onde foi unha popular estudante e cheerleader. Nesa época foi cando Bjelland comezou a interesarse pola música. Un tío seu foi o que a incitou a tocar a guitarra, e a súa primeira actuación foi nun pequeno bar desa cidade chamado Flight 99.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Pouco despois da súa graduación no instituto a principios dos 80, Bjelland mudouse a Portland, onde formou varias bandas. Primeiro The Neurotics e posteriormente outra formada só por mulleres chamada The Venarays.
Realmente The Venarays non era unha banda toda de mulleres, xa que o batería Dave Hummel, e posteriormente Jack Rhodes eran homes. Despois de saír de The Venarays, Bjelland formou unha banda cunha nova amiga, Courtney Love, e coa baixista Jennifer Finch. Love saíu para formar Hole, mentres que Finch formou parte de L7. A banda tivo varios nomes, incluíndo Sugar Babylon, Sugar Babydoll e Sugar Bunnyfarm.
Sobre 1985, en San Francisco, Bjelland e Love formaron unha nova banda chamada Pagan Babies con Deidre Schletter na batería e Janis Tanaka (posteriormente en Stone Fox e L7). Cando Love marchou, esta formación tocou baixo o nome de Italian Whore Nuns.
Babes in Toyland
[editar | editar a fonte]A mediados dos 80, Bjelland mudouse de Portland a Minneapolis, onde formou Babes in Toyland. Kat coñeceu a Lori Barbero nunha barbacoa pouco despois de chegar á cidade, e convenceuna para facerse batería. Á parella uníuselles a baixista Michelle Leon, e creouse Babes in Toyland. Courtney Love tocou o baixo durante unhas semanas, pero foi despedida e regresou á costa oeste.
O sinxelo de estrea da banda, "Dust Cake Boy"/"Spit to See the Shine", foi un éxito instatáneo. Despois de tocar en Europa con Sonic Youth, o grupo gravou o seu abrasivo primeiro álbum, Spanking Machine, que foi outro éxito. Babes in Toyland acadaría un éxito menor a comezos da década dos 90. Bandas como Bikini Kill, Bratmobile e Sleater-Kinney teñen falado do grupo como unha grande influencia, mentres que bandas de mulleres menos políticas como Jack Off Jill, 7 Year Bitch e Fluffy tamén citaron a Bjelland e a Babes in Toyland como inspiración. A carreira de Babes in Toyland alcanzou o seu máximo de popularidade cando tocaron no festival Lollapalooza en 1993.
Crunt
[editar | editar a fonte]A principios de 1993 Bjelland comezou un proxecto paralelo chamado Crunt, ao lado do seu novo marido Stuart Gray, antigo membro de Lubricated Goat. Bjelland tocaba o baixo e Gray a guitarra, mentres que Russell Simins, de Jon Spencer Blues Explosion, encargábase da batería. En febreiro de 1994 a banda editou o seu álbum de estrea, Crunt, xunto co seu sinxelo "Swine". Durante un tempo díxose que Crunt substituiría a Babes in Toyland como proxecto principal de Kat, pero o grupo desfaríase cando Bjelland e Gray se divorciaron en xaneiro de 1995.
Katastrophy Wife e proxectos actuais
[editar | editar a fonte]Con Babes in Toyland tocando esporadicamente cara finais dos 90, Bjelland fundou a banda Katastrophy Wife no ano 2000. O grupo tocou en locais de todo o mundo, e ata a data [cando?] só leva editados dous álbums, Amusia e All Kneel; ademais do sinxelo "Heart On", lanzado polo selo australiano Rish en abril do 2007. O sinxelo pretendía ser un adianto do seu seguinte disco, Pregnant, aínda que en 2011 o traballo aínda non fora editado. Bjelland tamén realizou traballos para bandas sonoras durante este tempo e produciu o álbum The Seven Year Itch para a banda Angelica, lanzado no ano 2002.