[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Karoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de satélite da rexión do Karoo (a liña verde divide dúas ecorrexións, o Succulent Karoo e a Nama Karoo.

O Karoo,[1] voz derivada do khoikhoi (unha lingua Khoisan) karusa, que significa "estéril", "seco", é unha meseta semidesértica situada en Suráfrica que abarca unha área de máis de 400.000 km². Porén, a rexión é moi fértil naquelas zonas en que está irrigada, cultivándose pastos para o gando, cítricos e cereais.

O nome karoo aplícase tamén á vexetación de tipo mato que se encontra nas súas rexións semiáridas. Divídese en Pequeno Karoo, o Gran Karoo e o Karoo do Norte.

Antimima; Karoo, Cabo Occidental, Suráfrica.

O Karoo foi explorado polo explorador, naturalista, médico e zoólogo alemán Martin Lichtenstein durante un período comprendido entre 1803 e 1806 no que levou a cabo moitas confirmacións astronómicas e describiu con precisión a rexión.

Despois do descubrimento de ouro en Transvaal, déuselle un novo impulso ao estudo da xeoloxía da zona, ampliándose o da súa xeografía.

O Pequeno Karoo

[editar | editar a fonte]
Euphorbia susannae, Pequeno Karoo, Cabo Occidental, Suráfrica.

O Pequeno Karoo ou Karoo meridional está situado na Provincia do Cabo Occidental de Suráfrica, ao norte da cadea montañosa Langeberg que o separa da chaira costeira, e se estende ao longo de 320 km de leste a oeste e cunha altitude de entre os 300 e os 600 m.

O Gran Karoo

[editar | editar a fonte]

O Pequeno Karoo está separado do Gran Karoo ou Karoo central polos montes Swartberg. Ocupa unha franxa de leste a oeste duns 480 km de lonxitude e cunahs alturas de entre os 600 e os 900 m ao longo das provincias do Cabo Occidental e de Cabo do Norte.

O Karoo do Norte

[editar | editar a fonte]

O Karoo do Norte, situado nas provincias surafricanas do Cabo do Norte, Noroeste e Estado Libre, forma, xunto co Veld Alto ou Highveld, a rexión de altiplanicies máis interna e máis alta de Suráfrica. Esténdese ao norte do Gran Karoo entre Namaqualand polo oeste e os montes Komsberg e Roggeveld polo suroeste, uníndose co Highveld nas provincias de Transvaal e do Estado Libre. As alturas desta franxa van desde os 1.200 m no Cabo do Norte até os 1.800 en Transvaal.

En Transvaal encontráronse restos de microorganismos fósiles datados, ao parecer, entre finais do eón Arcaico e principios do Paleoproterozoico. Porén, a veracidade destes fósiles permanece incerta.

Os montes Swartberg.
  1. Pronúnciase caru.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]