Kahoolawe
(en) Kahoʻolawe | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago de Hawai | ||||
Situado na entidade xeográfica | Hawai | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Condado de Maui, Estados Unidos de América (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 45.200 cm | ||||
Dimensións | 9,7 () × 18 () km | ||||
Perímetro | 58 km | ||||
Superficie | 115,5 km² | ||||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | |||||
Tipo | distrito | ||||
Data | 18 de marzo de 1981 | ||||
Identificador | 81000205 | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Hawai | ||||
Páxina web | kahoolawe.hawaii.gov | ||||
Kahoolawe (oficialmente en hawaiano, Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de Hawai. Está situada a 11,2 km ao suroeste de Maui e ao sueste de Lanai. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa, de 18 km de longo e 10 km de ancho, ten unha superficie total de 115 km². A altitude máxima é o cráter do Lua Makika, na cima do Puu Moaulanui, de 452 metros sobre o nivel do mar. A illa é relativamente seca debido á escasa elevación e á súa situación a sotavento da elevada Maui.
En 1993, o estado de Hawai estableceu a reserva da illa Kaho´olawe. Tanto a illa como as augas litorais só poden utilizarse con finalidades culturais, espirituais e de subsistencia para os nativos hawaianos. Están prohibidos os usos comerciais e só se permiten as actividades de pesca, mantemento ambiental, preservación histórica e educación. Preténdese recuperar a illa controlando a erosión, restablecendo os acuíferos e substituíndo a vexetación foránea por autóctona.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai uns 1.000 anos, Kahoolawe estivo poboada por pequenas comunidades de pescadores. Terra dentro, algunhas zonas foron cultivadas. Construíronse plataformas de pedra para as cerimonias relixiosas, e aínda poden atoparse algúns petróglifos. Como hai pouca auga doce, a poboación debía ser escasa. O maior establecemento era en Hakioawa, ao norte da illa diante de Maui.
As guerras entre Hawaii e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei Kamehameha III substituíu a pena de morte polo exilio e, entre 1830 e 1853, Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.
Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na segunda guerra mundial, o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécese popularmente como The Target Island ou a "Illa Branco".
Entre 1976 e 1990 diversos activistas estiveron loitando para que se suspendesen os adestramentos con lume real, para que se protexesen os restos históricos e para que se restaurase o ecosistema da illa. Finalmente, en 1994 transferiuse a illa ao estado de Hawai, baixo o control da Kaho´olawe Island Reserve Comission. Hoxe en día aínda se está limpando o terreo de pezas de artillaría sen estoupar.