[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Julio Carballo Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Carballo Enríquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de maio de 1928 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJulio Carballo Romero Editar o valor en Wikidata


Julio Carballo Enríquez, nado en Xinzo de Limia o 9 de outubro de 1861 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1928,[1] foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato e Peritaxe Mercantil en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, gañou en 1888 a praza de catedrático de Dereito Administrativo e Economía Política da Universidade de San José de Costa Rica. Alí exerceu como redactor da revista xudicial El Foro. En 1891 regresou a Ourense, dedicouse á avogacía, obtivo o cargo de tenente fiscal da Audiencia Provincial e ingresou no Partido Republicano. Foi redactor de El Eco de Orense e dirixiu o semanario La República. En 1910 marchou a Buenos Aires como correspondente de Vida Gallega e Noticiero de Vigo. Traballou como redactor en La Nación e colaborou en Acción Gallega, Suevia e Correo de Galicia, que dirixiu nunha breve etapa en 1911.[2] Vinculado á Casa de Galicia, foi membro do comité antiforal de Buenos Aires e fundou a agrupación antiforal A Terra.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Xinzo de Limia en 1885 con Adela Romero Peláez, e foi pai de Julio Carballo Romero.

  1. Correo de Galicia, 3-6-1928, p. 3.
  2. Correo de Galicia, 3-6-1928, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]