José González Dopico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1944 Ferrol, España |
Morte | 17 de maio de 2007 (62 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Deporte | boxeo |
José González Dopico, nado en Ferrol o 9 de xuño de 1944 e finado na mesma cidade o de 17 de maio de 2007, foi un boxeador galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dopico criouse no barrio de Esteiro e comezou a practicar o boxeo dirixido por Joaquín Alejos, que fora campión de España.[2] Debutou como afeccionado en 1957 e proclamouse campión de Galicia de peso pluma derrotando a Amando Dopico. Debutou como profesional o 17 de agosto de 1963.[2][1]
O 5 de setembro de 1965, xa en peso wélter, venceu en Carballo o canario Carmelo García "Gancho" nun combate polo campionato de España, que non obstante o propio "Gancho" lle arrebatou en decembro.[2] Dous anos despois volveu loitar polo título, mais foi derrotado por Antonio Torres. Conseguiu o título de campión de España o 23 de xullo de 1968 ao vencer a Toni Ortiz no primeiro asalto.[2] Revalidou o título en varias ocasións. En novembro de 1973 enfrontouse en París co francés Roger Menetrey polo campionato de Europa, que non logrou.[1] Entre 1970 e 1973 estivo entre os dez primeiros da clasificación dos mellores pesos wélter do Consello Mundial de Boxeo.[2][1]
Abandonou o boxeo en 1975 tras revalidar o campionato de España e pasou a traballar como bombeiro na súa cidade natal.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 P.A.L. (20 de maio de 2007). "Un boxeador diferente que desmitificó sus mayores éxitos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Barral (28 de marzo de 2020). "José González Dopico - Reseña biográfica publicada en mayo de 2015". Boxeo de Medianoche (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ferrol |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José González Dopico en BoxStat Arquivado 16 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Homenaxe ao boxeador galego José González Dopico