John Aniston
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (el) Γιάννης Αναστασάκης 24 de xullo de 1933 Chania (Grecia) |
Morte | 11 de novembro de 2022 (89 anos) Condado dos Ánxeles, Estados Unidos de América |
Outros nomes | John Aniston |
Educación | Pennsylvania State University |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema |
Período de actividade | 1962 - 2022 |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | lieutenant commander (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Sherry Rooney (1984–2022) Nancy Dow (1965–1980), divorcio |
Fillos | Jennifer Aniston () Nancy Dow Alex Aniston () Sherry Rooney |
Pais | Antonios John Anastassakis e Stella Joanna Anastassakis |
Descrito pola fonte | John Aniston, Veteran Television Actor, Dies at 89 (en) |
|
John Aniston (en grego: Γιάννης Αναστασάκης), nado como Yannis Anastassakis en Creta o 24 de xullo do 1933 e finado o 11 de novembro de 2022,[1] foi un actor grego-americano, pai da actriz Jennifer Aniston.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Stella e Anthony Anastassakis, o seu pai mudou o seu nome ó emigraren ós Estados Unidos cando el tiña dous anos de idade, e os seus pais, abriron un restaurante en Chester, Pensilvania. Ten dúas irmás e era membro da fraternidade Alpha Chi Rho.
Graduouse na Universidade Estatal de Pensilvania cunha licenciatura en Artes Teatrais. Serviu na Armada dos Estados Unidos coma oficial de intelixencia en servizo activo en Panamá e máis tarde na reserva, alcanzando o rango de Tenente Comandante.
Tivo á súa filla, Jennifer Aniston, coa súa primeira esposa, Nancy Dow (de quen se divorciou máis tarde), e tamén ten un fillo, Alexander, da súa segunda esposa, Sherry Rooney Aniston. O seu mellor amigo era o falecido actor Telly Savalas.
A súa carreira
[editar | editar a fonte]Aniston comezou vendendo aspriadores a domicilio porque non gañaba cartos como actor[2]. O seu mellor amigo, Telly Savalas, dáballe algún traballo como o fixo en Kojak. Apareceu en telenovelas case continuamente dende 1975, cando se incorporou ó elenco de Love of Life como Eddie Aleata, serie que deixou en 1978 para interpretar o novo amor de Mary Stuart, Martin Tourneur, en Search for Tomorrow, desempeñou ese papel até 1984. Incorporouse ó elenco Days of our Lives como Victor Kiriakis en 1985, mantendo ese papel ata a súa morte.
Tamén fixo cameos nas series Gilmore Girls e en My Big Fat Greek Life.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Griffin, Louise (14 de novembro de 2022). "Jennifer Aniston announces death of dad, actor John Aniston, aged 89: ‘I’ll love you till the end of time – don’t forget to visit’" (en inglés). Metro. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ "Clarín.com - ENTREVISTA A JENNIFER ANISTON". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009.