[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jenő Fuchs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJenő Fuchs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNew Public Cemetery, Budapest (en) Traducir, 23-1-109/110 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaImperio Austrohúngaro
Hungría Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1912fencing at the 1912 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1908fencing at the 1908 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1908fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team sabre (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 210521920 Editar o valor en Wikidata

Jenő Fuchs (en húngaro: Fuchs Jenő), nado en Budapest o 29 de outubro de 1882 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1955), foi un tirador de esgrima húngaro, gañador de catro medallas olímpicas de ouro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun impresor da editorial Pallas, estudou Dereito na Universidade de Budapest. Practicante de esgrima fóra dos circuítos habituais húngaros, nunca gañou un torneo importante no seu país. Presentouse ás probas preolímpicas e logrou unha praza, participando así, aos 25 anos, nos Xogos Olímpicos de 1908 celebrados en Londres, onde gañou a medalla de ouro nas probas de sabre individual e por equipos. Pese a non disputar competicións nos catro anos anteriories, revalidou as medallas nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, converténdose no primeiro campión olímpico en revalidar o seu título individual na modalidade de sabre.

Na segunda guerra mundial foi chamado ao servizo, pero como xudeu non podía entrar no exército polo que serviu nunha brigada de traballo.[1] Atacados polos rusos Fuchs e o resto dos traballadores colleron as armas dos militares caídos para defenderse e fixeron retirarse aos rusos, pola heroica axuda ao seu batallón Fuchs recibiu, co resto dos seus compañeiros, a Cruz de Ferro de II Clase en Berlín e puideron volver aos seus fogares. Despois da derrota alemá en 1945 estivo en prisión polo acontecido durante a guerra.

  1. Leonard Greenspoon Jews in the Gym: Judaism, Sports, and Athletics

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]