James Hingston Tuckey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | agosto de 1776 Mallow, Irlanda (pt) |
Morte | 4 de outubro de 1816 (40 anos) Río Congo |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | explorador, botánico |
Carreira militar | |
Lealdade | Reino de Gran Bretaña |
Rama militar | Royal Navy |
Rango militar | Tenente |
Conflito | Guerras da Revolución Francesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Abreviación dun autor en botánica | Tuckey |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Compendium of Irish Biography (en) |
James Hingston[1] Tuckey, nado en Greenhill, preto de Mallow (Condado de Cork), en agosto de 1776 e finado o 4 de outubro de 1816, foi un explorador británico e capitán da Royal Navy.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o seu inicio militar contra os neerlandeses e os franceses na India e Sri Lanka, tamén combateu contra os franceses no mar Vermello. En 1802 axudou a expandir a colonia británica de Nova Gales do Sur en Australia. En 1805 cando escoltaba un convoi inglés desde a illa de Santa Helena, foi apresado polos franceses, permanecendo encarcerado nove anos. Durante o seu cativerio escribiu Maritime Geography and Statistics, no que ofrecía unha visión integra dos diferentes fenómenos do océano.
En 1816 tratou de explorar o río Congo nunha expedición organizada polo Almirantado británico, que tiña por obxecto a exploración do río Congo e investigar se existía unha conexión entre este río e o río Níxer coas concas da África Occidental e Central. Tuckey navegou dende a súa desembocadura, pero constatou que a parte inicial do río non era navegábel debido aos rápidos existentes, posteriormente chamados Cataratas Livingstone, sobre Matadi, a 160 km do mar. Só atopou ruínas de colonias portuguesas e misioneiros católicos moribundos.
Propuxo enviar misioneiros protestantes ao río Congo. Explorou río arriba, até chegar a 480 km do mar. A maioría da tripulación e dos seus oficiais, morreron de febre, e o mesmo Tuckey morreu o catro de outubro de 1816 en Moanda, na actual República Democrática do Congo. A expedición foi un fracaso pero concitou o interese da exploración do continente africano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algunhas fontes o refiren como Kingston Tuckey.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tuckey, James Kingston na Encyclopedia Britannica. (en inglés)