Jacknife Lee
Nome orixinal | (en) Garret «Jacknife» Lee |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XX Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical |
Selo discográfico | Fiction Records |
Páxina web | jacknifelee.com |
Garret "Jacknife" Lee é un produtor musical irlandés, coñecido por traballar cunha gran variedade de artistas como The Cars, U2, R.E.M., Snow Patrol, Bloc Party, AFI, The Hives, Weezer, Vega4 ou Editors.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lee comezou a súa carreira dentro da música como guitarrista da banda punk rock Compulsion. Posteriormente, despois da separación do grupo, comezou unha carreira en soliario no campo da música electrónica. O seu primeiro traballo só, o EP A Dog Named Snuggles, foi editado co nome de Jacknife Lee en 1998 a través de Pussyfoot Records, un selo fundado por Howie B. Lee lanzou o seu primeiro álbum, Muy rico, en 1998; un segundo traballo, Punk Rock High Roller, foi publicado no 2001 por Palm Pictures; e o seu terceiro disco, Jacknife Lee, aparecería no 2007.
Jacknife Lee remesturos a un feixe de artistas, e entre os seus traballos inclúense versións de "It's Tricky 2003" de Run-DMC, "The Mello Hippo Disco Show" de The Future Sound of London, ou de "Vertigo" de U2, ademais de temas de Christina Aguilera, TLC, Pink, Blur, Radiohead, Missy Elliott, Busta Rhymes, Eminem, The Raveonettes, Dirty Vegas, Kraftwerk, New Order, Aqualung e Kasabian. No ano 2008 produciu o álbum de R.E.M. Accelerate e os de Bloc Party Intimacy e Hadouken!. Crystal Castles traballaron con el unhas semanas no 2009 no seu segundo disco, e no 2010 volveu traballar con R.E.M. para producir o derradeiro álbum de estudio da banda, Collapse into Now.