Jackie Coogan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1914 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 1 de marzo de 1984 (69 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cardiopatía |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión, aviador, actor de teatro |
Período de actividade | 1917 - |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Betty Grable (1937–1939) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
John Leslie Coogan Jr., nado nos Ánxeles (California) o 26 de outubro de 1914, e finado en Santa Monica, no mesmo estado, o 1 de marzo de 1984, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira xa de neno no cinema mudo. Tras algún papel curto no cinema descubriuo Charles Chaplin actuando en Vodevil, ao sorprenderlle os seus movementos corporais e a súa mímica. Así, en 1921, faría o papel máis importante da súa carreira, O cativo, ao ano seguinte tamén realizou un papel polo que foi lembrado, en Oliver Twist de Frank Lloyd. Porén a súa época de neno prodixio sería o momento de maior popularidade xa que a pesar de seguir facendo papeis no cinema a súa popularidade non deixou de descender, ao final da súa carreira o papel máis importante foi o de Uncle Fester (Tío Fétido) na serie de televisión A familia Adams.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jackie Coogan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jackie Coogan na IMDb (en inglés).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |