Itch
Itch | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Radiohead | |||||
Data de edición: | 1 de xuño de 1994 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | |||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 26:35 | ||||
Xénero musical: | rock alternativo | ||||
Selo discográfico: | EMI | ||||
Producido por: | Sean Slade, Paul Q. Kolderie, Chris Hufford, James Warren, 7, Radiohead | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Itch é un EP da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 1 de xuño de 1994 a través do selo EMI.
Aínda que o EP non contén material novo, nel aparece a versión estadounidense de "Stop Whispering", que foi remesturada por Chris Sheldon. Conta cun arranxo de cordas e ten un tempo máis lento. Esya versión estivo anteriormente discpoñible no sinxelo "Stop Whispering", editado en 1993. O segundo tema do EP, "Thinking About You", era unha versión máis rápida e máis punk da que aparecía no álbum Pablo Honey, e que tamén estba no EP Drill.
"Faithless, the Wonderboy" foi primeiro editada como cara-b do sinxelo de 1993 "Anyone Can Play Guitar". A versión de "Banana Co." presente no EP é acústica, e tamén pode atoparse no sinxelo "Pop Is Dead". Unha versión en estudio deste último tema sería editada no sinxelo "Street Spirit (Fade Out)" en 1996.
As versións ao vivo de "Killer Cars", "You", e "Vegetable" lanzáranse anteriormente na reedición en vinilo de 12" de "Creep". Os tres temas foron gravados na sala Metro de Chicago, o 30 de xuño de 1993. O último corte, "Creep (Acoustic)", está tamén no EP My Iron Lung, e foi gravado nos estudios KROQ dos Ánxeles, o 13 de xullo de 1993.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Stop Whispering" (US Version) – 4:13
- "Thinking About You" (Drill Version) – 2:17
- "Faithless, The Wonder Boy" – 4:09
- "Banana Co." (Acoustic) – 2:27
- "Killer Cars" (Live) – 2:17
- "Vegetable" (Live) – 3:12
- "You" (Live) – 3:38
- "Creep" (Acoustic) – 4:19