Interkosmos 14
Interkosmos 14 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 11 de decembro de 1975, 17:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 3M[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera e a magnetosfera terrestres.[2] |
Decaemento | 27 de febreiro de 1983[1] |
NSSDC ID | 1975-115A |
Masa | 700 kg[6] |
Interkosmos 14 (Интеркосмос 14 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 7, foi un satélite artificial soviético lanzado o 11 de decembro de 1975 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Interkosmos 14 foi o sétimo e último membro da serie de satélites DS-U2-IK. Estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre e foi unha das contribucións ó programa de Estudo Magnetosférico Internacional (IMS pola súa sigla en inglés). O satélite levaba cinco experimentos a bordo para medir as emisións ELF (Extremely Low-Frequency, frecuencia extremadamente baixa) e VLF (Very Low-Frequency, frecuencia moi baixa) da magnetosfera terrestre, así como a variación da densidade do plasma ionosférico e temperatura de electróns ó longo da súa órbita, a variación do contido total de electróns da ionosfera e a enerxía e características de penetración das chuvias de meteoros.[2][6]
O satélite orientábase magneticamente e contiña un sistema de telemetría estándar e un sistema de banda larga para transmitir datos en tempo real ou a partir do almacenamento de a bordo, consistente nunha grabadora de cinta.[2]
Interkosmos 14 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1707 km de apoxeo e 345 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 105,3 minutos. As operacións co satélite finalizaron o 28 de xuño de 1976 e reentrou na atmosfera o 27 de febreiro de 1983.[1][2][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 14" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 14" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2012.
- ↑ "Letter dated 5 February 1976 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (76-03623). 17 de febreiro de 1976: 2. A/AC.105/INF.336. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Intercosmos 14" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 14, 5, 9, 10, 12, 13, 14 (DS-U2-IK)" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U2-IK" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Apati, I.; Vasiukova, Z. V.; Kashcheev, B. L.; Rybakov, A. K.; Surkov, Iu. A.; Tkachuk, A. A.; Zakharov, I.; Khaiduk, A.; Shimek, M. (setembro-outubro de 1981). "Results from the Intercosmos-14 meteoroid study and from accompanying ground observations of meteoroids". Kosmicheskie Issledovaniia (19): 790–794. Consultado o 12 de setembro.
- Fabien DARROUZET, Joseph LEMAIRE (febreiro de 2000). "SURVEY OF ELF AND VLF EXPERIMENTS IN THE MAGNETOSPHERE". ESA Proceedings: 307–310. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2007. Consultado o 12 de setembro.
- MICHAILOVA G. A. ; KAPUSTINA O. V. ; MICHAILOV Y. M. (1983). "ELF emission in the outer ionosphere stimulated by short fractional hop whistlers". Journal of atmospheric and terrestrial physics 45 (12): 823–832. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 12 de setembro.