[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Infante, infanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa de Infante
Clasificación da Nobreza
Emperador e Emperatriz
Rei e Raíña
Príncipe e Princesa
Infante e Infanta
Arquiduque e Arquiduquesa
Gran Duque e Gran Duquesa
Duque e Duquesa
Marqués e Marquesa
Conde e Condesa
Vizconde e Vizcondesa
Barón e Baronesa
Señor e Señora
Cabaleiro e Dama

Infante é un título de nobreza, situado por debaixo do de príncipe. Este título recíbeno todos os fillos lexítimos do rei ou a raíña de Portugal e España (e doutras monarquías peninsulares como Aragón, León ou Navarra), que non son herdeiros da coroa.[1]
O feminino de infante é infanta.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo infante deriva do latín infans, infantis, 'o que non fala'.[2] Esta palabra está composta polo prefixo in-, de negación, e polo participio presente do verbo fāri, 'falar'.[3][4] Así empezou a referirse aos nenos pequenos cando aínda non aprenderan a falar.

Monarquías peninsulares

[editar | editar a fonte]

Nas monarquías da Península Ibérica o herdeiro da coroa é o único fillo do rei, ou a raíña, que recibe o título de príncipe, sendo en España (e antes, no Reino de Castela), o príncipe de Asturias; en Portugal, o príncipe real de Portugal, salvo o herdeiro presunto que recibe o título de príncipe da Beira; en Aragón, o príncipe de Xirona e en Navarra, o príncipe de Viana).

En España e Portugal, tamén reciben o nome de infante os parentes do rei que por graza real obteñen o título de infante ou infanta.[2] Por exemplo, este título foille concedido a Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Calabria, rei titular das Dúas Sicilias (Carlos I) polo seu primo o rei Juan Carlos I. Ou en Portugal, á S. Excª o senhor D. João da Bemposta, fillo de S.A. o infante D. Francisco de Bragança, Duque de Beja e neto lexítimo do rei D. Pedro II.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

En España os infantes reciben o tratamento de Súa Alteza Real (S.A.R.), mentres que en Portugal soamente o de Súa Alteza (S.A.).

Un infante portugués e os seus fillos (mais non os dunha infanta), ten asociado o tratamento de senhor e de Dom, se non foren eles mesmos criados como infantes.

En Francia

[editar | editar a fonte]

No caso da coroa de Francia, os fillos menores dos reis eran titulados como Enfants de France (Infantes de Francia) ou Fils de France (Fillos de Francia). Os fillos destes recibían o tratamento de Petits-Fils de France (Netos de Francia), na súa calidade de netos do rei por liña paterna exclusivamente.

Outros usos

[editar | editar a fonte]

En varios países o termo infante é unha denominación legal relativa aos menores de idade que inclúe os nenos de cero a cinco anos.[2]

O substantivo infante, no exército, refírese a un soldado de infantaría.[5]

Infantas nas artes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 infante, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 2,2 Infante no DRAE.
  3. Dizionario Garzanti della lingua italiana. Milano, Italia. 1980.
  4. Zigarelli 1996, Vocabolario della lingua italiana, 12ª edizione. Bologna, Italia, 1995.
  5. infante, 2ª acep., no dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]