Imaxe por resonancia magnética
Unha imaxe por resonancia magnética (IRM), tamén coñecida como tomografía por resonancia magnética (TRM) ou imaxe por resonancia magnética nuclear (NMRI, polas súas siglas en inglés Nuclear Magnetic Resonance Imaging) é unha técnica non invasiva que emprega o fenómeno da resonancia magnética nuclear para obter información sobre a estrutura e composición do cuerpo a analizar. Esta información é procesada por ordenadores e transformada en imaxes do interior do obxecto de análise.
Emprégase principalmente en medicina para observar alteracións nos tecidos e detectar cancro e outras patoloxías. Tamén se emprega na industria para analizar a estrutura de materiais tanto orgánicos como inorgánicos.
A IRM non debe ser confundida coa espectroscopia de resonancia magnética nuclear, unha técnica usada en química que se basea no mesmo principio da resonancia magnética para obter información sobre a composición dos materiais.
A diferenza da TC, non usa radiación ionizante, senón campos magnéticos para aliñar a magnetización nuclear de núcleos de hidróxeno da auga no corpo. Os campos de radiofrecuencia (RF) úsanse para alterar sistematicamente o aliñamento desa magnetización, causando que os núcleos de hidróxeno produzan un campo magnético rotacional detectable polo escáner. Ese sinal pode ser manipulado con campos magnéticos adicionais e así construír con máis información imaxes do corpo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Squire, Lucy Frank; Novelline, Robert A. (1997). Squire's fundamentals of radiology (5ª ed.). Cambridge: Harvard University Press. ISBN 0-674-83339-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imaxe por resonancia magnética |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- e-MRI: interactive course about MRI physics (Flash player required) (en inglés)
- Sociedad Española de Neuroimagen (en castelán)
- The Basics of MRI: Curso de IRM. (en inglés)