Illa de Lewis
- Para outros usos de Lewis véxase Lewis (homónimos)
Tipo | península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Lewis e Harris | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Hébridas de Fóra, Reino Unido | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | 1.770 km² | ||||
A illa de Lewis (Leòdhas en gaélico escocés), é a parte setentrional da illa máis grande das illas Hébridas Exteriores, o maior dos arquipélagos escoceses. A parte meridional da illa chámase Harris (Na Hearadh). Os dous nomes con todo refírense as dúas partes da mesma illa. Lewis é tamén a parte máis baixa da illa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade principal de Lewis, a única cidade das Hébridas Exteriores, é Stornoway (Steòrnabhagh), pola que se cruza a Ullapool xa na Escocia británica. No censo de 2001 Lewis tiña unha poboación xeralmente residente de 16.872 habitantes.
Relixión
[editar | editar a fonte]A relixión é importante en Lewis, e a maior parte da poboación pertence á Igrexa Libre de Escocia e á Igrexa de Escocia (ambas as dúas presbiterianas. O Sabbath (ou sexa, o domingo) obsérvase xeralmente coa maioría das tendas e servizos pechados, o que non é frecuente no Reino Unido, se ben algunhas comunicacións co resto de Escocia se seguen mantendo. Tamén existen templos católicos, mormóns e das Testemuñas de Xehová.
Lingua
[editar | editar a fonte]Como en todas as Hébridas Exteriores, son oficiais administrativamente o inglés e o gaélico escocés, que é ademais unha das linguas de tradición histórica na comunidade, a canda o nórdico, xa extinto. Porén, tanto o antigo nórdico coma o gaélico teñen influído moito na fala inglesa, e por veces a lingua inglesa de Lewis soa máis a inglés de Irlanda que ao que habitualmente se escoita en Escocia. O 60% dos habitantes de Lewis falan o gaélico, mentres que un 70% poden lelo, escribilo ou entendelo.
Sitios históricos
[editar | editar a fonte]A illa de Lewis ten unha variedade de localizacións do interese histórico e arqueolóxico incluíndo:
- Pedrafitas de Callanish;
- Carloway Dun Broch;
- As casas negras de Garenin (Na Gearannan), preto de Carloway e a casa negra en Arnol;
- Igrexa de San Columba en Aignish;
- Teampull Mholuaidh en Ness;
- Castelo de Lews;
- Dùn Èistean.