[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Icenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos pobos celtas do sur de Britania (icenos no recuncho superior dereito).

Os icenos (en latín: iceni) foron unha tribo britana que habitou unha área de Inglaterra que correspondería máis ou menos co que hoxe é o condado de Norfolk, entre os séculos -I e I. Os cenimagnos que se renderon a Xulio César durante a súa segunda expedición a Britania no ano -54, puideron ser unha parte da tribo icena.[1]

Hai probas arqueolóxicas da súa existencia, representadas por torques, pesados colares de ouro, prata ou elektron, que estaban deseñados para ser levados arredor do pescozo e que sinalaban a quen os portaba como pertencentes á nobreza.

Os icenos comezaron a acuñar a súa propia moeda contra o 10 a. de C., creando unha adaptación especial do deseño galo “cara/cabalo”, pero nalgunhas moedas máis antigas, sobre todo da zona preto de Norwich, o cabalo foi substituído por un porco ou xabaril. O primeiro nome rexistrado que aparece nas moedas é o de “Antedios” cara ao -10, seguíndolle nomes abreviados como AESU e SAEMU.[2]

  1. Xulio César, Comentarios á guerra das Galias, 5.21
  2. Graham Webster (1978), Boudica: the British Revolt Against Rome AD 60, pp. 46-48

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]