Horta solar
Unha horta solar ou horto solar é unha agrupación de módulos solares. Están formadas por grupos de investidores independentes asociados co gallo de compartiren gastos para acadar unha maior rendibilidade. Tamén é coñecido co nome de campo solar.
Rendemento dunha horta solar
[editar | editar a fonte]De maneira aproximada, unha hectárea de horta solar, incluíndo paneis, centros de transformación, vieiros de acceso, valado etc., pode fornecer da enerxía equivalente ao consumo dunhas cen familias. Estímase que nunha instalación de 100 kW, a produción económica pode variar entre 71.000 e 86.000 dependendo da radiación solar. O investimento pódese autofinanciar cos propios ingresos, ao longo de entre 12 e 17 anos, dependendo da carga financeira. Adoita contar con diferentes vantaxes fiscais e administrativas que tenden a apoiar a implantación destas instalacións.
Evolución do concepto de horta solar
[editar | editar a fonte]En marzo de 2007 a compañía Acciona aplicou esta forma de coordinar e xestionar recursos coa finalidade de mellorar e chegar a facer rendibles pequenas explotacións produtoras compartindo elementos comúns.
O concepto de horta solar está evolucionando cara ao concepto de Rede de Produtores ou Electranet. Electranet é unha combinación da liberdade democrática de Internet aplicada á enerxía eléctrica, é dicir, unha rede libre de produtores de enerxía autóctona e renovable.