Hiten
Hiten / MUSES A | |
---|---|
A sonda Hiten. | |
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Destino actual | Fóra de servizo |
Data de lanzamento | 25 de xaneiro de 1990, 11:46 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-3SII[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][6] |
Obxectivo da misión | Probas tecnolóxicas e investigación lunar.[2][6] |
Decaemento | 12 de abril de 1993[1] |
NSSDC ID | 1990-007A |
Masa | 143,0 kg[2][5][6] |
Dimensións | Forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto[2] |
Potencia | 110 vatios[2] |
Hiten (nomeada así por un anxo budista), previamente denominado MUSES A, foi unha sonda lugar da axencia xaponesa ISAS (máis tarde integrada na actual JAXA) lanzada o 25 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Hiten foi unha sonda deseñada para facer probas de tecnoloxías asociadas coa exploración lunar e planetaria e sobrevoar a Lúa varias veces. A sonda levaba un subsatélite denominado Hagoromo (nomeado así polo velo que vestía o anxo Hiten) que foi soltado na veciñanza da Lúa. Hiten foi situado nunha órbita terrestre altamente elíptica que a facía sobrevoar a Lúa.[2][5]
Os obxectivos principais da misión foron probar o control da traxectoria da sonda mediante asistencias gravitatorias, inserir o subsatélite en órbita lunar, probar a navegación óptica nun satélite estabilizado mediante xiro, probar a tolerancia a fallos do ordenador de a bordo e da telemetría, experimentar coa aerofreada para chegar a órbitas próximas á Lúa e detectar e medir a velocidade e masa dos micrometeoroides. Adicionalmente se probou a inserir a Hiten nos puntos lagranianos L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, logo a insertala en órbita lunar e máis tarde a estrelala contra a superficie da Lúa. Hiten foi a primeira sonda lunar lanzada polo Xapón.[2][5]
Hiten tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto, con Hagoromo situado nun dos extremos. A masa do satélite, incluído propelente, era de 143 kg e a alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían as paredes do cilindro, dando ata 110 vatios de potencia, que podían almacenarse na batería de a bordo. A sonda estabilizábase mediante xiro, a entre 10 e 20,5 r.p.m. O control de actitude e a propulsión da nave corrían a cargo de oito propulsores de 23 N de impulso e catro de 3 N alimentados por hidracina. As comunicacións tiñan lugar grazas a un conxunto de antenas de media ganancia que transmitían tanto en banda X como en banda S.[1][3][6]
Hiten foi estrelada intencionadamente na superficie lunar o 10 de abril de 1993.[1][3][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HITEN (MUSES A)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (27 de marzo de 2013). "Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 20 June 1990 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (90-15632). 26 de xuño de 1990: 2. Consultado o 2 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Muses A / Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Muses A (Hiten)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Hiten" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013.