Hissène Habré
Hissène Habré, nado en Faya-Largeau o 13 de agosto de 1942 e finado en Dakar o 24 de agosto de 2021, foi un político chadiano que gobernou o seu país entre 1982 e 1990, cando foi derrocado por unha rebelión encabezada por Idriss Déby Itno. O réxime ditatorial de Habré caracterizouse pola continua violación dos dereitos humanos.[1]
Durante o seu réxime leváronse a cabo todo tipo de violacións aos dereitos humanos, incluíndo asasinatos masivos, desaparicións forzadas, torturas, campos de concentración, violacións e escravitude sexual. A brutalidade das súas accións, moi similares ás cometidas polas ditaduras latinoamericanas, así como a súa estreita alianza cos gobernos occidentais, especialmente os Estados Unidos e Francia, valeulle o alcume do "Pinochet africano". Estímase que durante o seu mandato máis de 40 000 persoas, principalmente esquerdistas, foron masacradas e outros centos de miles de disidentes foron torturados e abusados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profile: Chad's Hissene Habre". BBC news (en inglés). 2006-07-03. Consultado o 2019-04-24.