Heinrich von Stackelberg
Nome orixinal | (de) Heinrich Freiherr von Stackelberg |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de outubro de 1905 Moscova, Rusia |
Morte | 12 de outubro de 1946 (40 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Linfoma |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Colonia |
Director de tese | Erwin von Beckerath (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bonn |
Ocupación | economista, profesor universitario |
Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade Humboldt de Berlín |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Hans Möller (pt) |
Outro | |
Título | Barón |
Familia | Stackelberg (en) |
Heinrich Freiherr von Stackelberg, nado en Moscova o 31 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1946, foi un economista alemán que contribuíu á teoría de xogos e á organización industrial, e que é coñecido polo modelo de competencia que leva o seu nome, chamado tamén como duopolio de Stackelberg.
Biografía
[editar | editar a fonte]Stackelberg naceu en Moscova, no seo dunha familia nobre de alemáns do mar Báltico de Estonia. A súa nai era arxentina, de ascendencia española. Tras a Revolución de Outubro de 1917, a súa familia mudouse a Racibórz, e máis tarde a Colonia. Estudou Economía e Matemáticas na Universidade de Colonia, graduándose en 1927 cunha tese sobre os estudos da distribución da renda de Alfred Marshall. Doutorouse en 1930 cunha disertación sobre a teoría de custos, publicada en Viena en 1932. En 1934 concluíu a súa habilitación en estrutura de mercado e equilibrio.
Tras isto, foi profesor universitario na Universidade de Colonia, aínda que un semestre despois aceptou un posto na Universidade de Berlín, onde traballou até o ano 1941. Nese ano, pasou a ser profesor de Economía da Universidade de Bonn, até 1944, cando empezaría a impartir clases na Universidade Complutense de Madrid. A súa influencia na economía española dos anos sucesivos foi moi importante na súa postura liberalizadora. Así dixo o economista Juan Velarde, discípulo seu, quen afirmou que cando lle preguntou a Alberto Ullastres como se atreveu a levar a cabo o Plan de Estabilización de 1959, contestoulle: "Estaba todo en Stakelberg".[1]
Stackelberg foi membro do Partido Nazi desde 1931, e Scharführer das SS desde 1933.
Morreu de linfoma en Madrid en 1946 e está soterrado no Cemiterio Británico desa cidade.
Obra
[editar | editar a fonte]O modelo de liderado de Stackelberg é un tipo de duopolio, é dicir, un mercado dun produto con basicamento só dúas empresas, no que está a entrada a outras organizacións atópase restrinxida. Cada empresa trata de producir unha cantidade tendo en conta a produción da outra empresa. A diferenza do modelo de Cournot, a empresa líder coñece a conduta da empresa seguidora, conducindo a unha produción dunha determinada cantidade segundo os seus intereses, segundo a cal, a empresa seguidora producirá unha cantidade en base á outra. Dáse, polo tanto, unha clara vantaxe da empresa que move ficha antes.
A achega de Stackelberg foi a base de moitos dos xogos desenvolvidos por Nash na súa famosa teoría dos xogos. A partir do esquema debuxado por Stackelberg, Nash deseña un mapa de diversas alternativas ao redor dunha serie de xogadas interpretadas por dous duopolistas que controlan o mercado. Mediante esta serie de xogos detectouse que non só adquire vantaxe o primeiro en mover, senón que baixo certas condicións, ás veces, ser o primeiro pode resultar nunha decisiva desvantaxe.
Notas
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]- Grundlagen einer reinen Kostentheorie (Fundamentos da Teoría de Custos), Viena, 1932.
- Marktform und Gleichgewicht (Estrutura de Mercado e Equilibrio), Viena, 1934.
- Grundlagen der theoretischen Volkswirtschaftslehre (Fundamentos da Teoría Económica), Berna, 1948.
- von Stackelberg, Heinrich (2014). Foundations of a Pure Cost Theory (en inglés). Springer. ISBN 978-3-642-34537-1.