[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hegúmeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo o Atonita, hegúmeno que liderou as comunidades monásticas xeorxianas no Imperio bizantino

Un hegúmeno ou arquimandrita é o superior dunha comunidade de monxes ortodoxa. O termo é equivalente ao de abade ou abadesa, aínda que tamén se pode ver empregado por comunidades católicas do rito bizantino. Provén do grego ἡγούμενος (hêgoúmenos), participio presente do verbo ἡγέομαι (hêgéomai), que significa literalmente ir diante, conducir ou comandar.

Tanto hegúmenos como abade pode ser usado en contextos formais, pero hegúmenos pode ter unha connotación de rango aínda máis formal ou tradicional debido ao seu uso sempre nese contexto na Igrexa Ortodoxa Oriental.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]