[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Halo: Combat Evolved

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Halo: Combat Evolved
Desenvolvedor(es)Bungie
(Xbox e Games on Demand)
Gearbox Software
(Microsoft Windows)
Westlake Interactive
(Mac OS X)
Distribuidora(s)Microsoft Game Studios
MacSoft (Mac OS X)
Compositor(es)Martin O'Donnell
Michael Salvatori
Versión1.09.00.0620
Lanzamento15 de novembro de 2001
XéneroTirador en primeira persoa
Modos de xogoUn xogador, multixogador e cooperativo
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Xbox[1]
Windows
Mac OS X
Xbox 360
SerieHalo
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt0309654 Youtube: UCpBhiOtE8zZo4CpaLR0wyGw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox,[1][2] e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo.[3] Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas. O xogo sería relanzado como un Xbox Original para descargar en Xbox 360 HDD. Un remake en alta definición, Halo: Combat Evolved Anniversary, foi lanzado para Xbox 360 no décimo aniversario do lanzamento orixinal, e foi relanzado como parte de Halo: The Master Chief Collection o 11 de novembro de 2014 para Xbox One.[4]

Halo está ambientado no século XXVI, co xogador asumindo o papel de Master Chief, un supersoldado mellorado cibernéticamente. O xogador é acompañado por Cortana, unha intelixencia artificial que ocupa a interface neural de Master Chief. O xogador combate varios aliens nun intento de descubrir os segredos de Halo, un mundo artificial con forma de anel. O xogo foi louvado por elementos como a súa historia, a variedade de estratexias que os xogadores poden empregar e o seu modo multixogador;[5][6][7] porén, a natureza repetitiva do seu deseño por niveis foi criticada por algúns expertos.[5][8]

Halo foi aclamado como un dos mellores e máis importantes videoxogos de tódolos tempos,[9][10] e segundo IGN está considerado como o cuarto mellor xogo de disparos en primeira persoa nunca feito.[11] A popularidade do xogo motivou a aparición de "clons de Halo", aplicado a xogos que imitan as súas características.[12][13][14] Ademais, serviu de inspiración para a creación da serie de vídeos Red vs. Blue creada polos fans da saga.[15]

Mecánica de xogo

[editar | editar a fonte]

Halo: Combat Evolved é un xogo de tirador en primeira persoa que se centra no combate nun escenario 3D que é visto case na súa totalidade dende a perspectiva da personaxe. O xogador pode moverse arredor e mirar cara a arriba, abaixo, esquerda e dereita.[16] No xogo tamén hai vehículos, que van dende jeeps blindados e tanques a deslizadores e cazas alien, moitos dos cales poden ser controlados polo xogador. O modo de xogo cambia a terceira persoa cando emprega vehículos como piloto e torretas fixas; os pasaxeiros do vehículo manteñen a primeira persoa.[6] A HUD inclúe un "detector de movemento" que rexistra os movementos dos inimigos aliens e dos seus vehículos nunha área próxima do xogador.[17]

A personaxe do xogador está equipado cun escudo de enerxía que anula o dano das armas de fogo e dos impactos violentos. A carga do escudo aparece nunha barra azul e recárgase automaticamente se non recibe dano nun período curto de tempo.[17] Cando o escudo está totalmente esgotado, o xogador é moi vulnerable, e os danos que recibe reducen a saúde dun contador de saúde secundario.[5] Cando este contador chega a cero, a personaxe morre e o xogo volve comezar dende o último punto de gardado. A saúde pode recuperarse a través dos diferentes packs médicos espallados polos diferentes niveis do xogo,[17] mais a introdución dun escudo mecánico que se rexenera representou unha innovación respecto dos xogos FPS da época.

O arsenal de Halo está formado por armas de ciencia ficción. O xogo foi louvado por outorgarlle a cada arma unha finalidade única, sendo máis ou menos útiles dependendo do escenario.[18] Por exemplo, as armas de plasma precisan tempo para arrefriar se son disparadas demasiado axiña, pero non precisan ser recargadas, mentres que as armas de fogo convencionais non se sobrequentan, pero requiren recargar e munición. En contraste conventional cos grandes inventarios de armas doutros xogos FPS da época, os xogadores de Halo só poden levar dúas armas á vez, polo que é preciso certa estratexia no seu uso.[7]

Halo difire das convencións dos FPS tradicionais ó non forzar ó xogador a gardar a arma antes de arrebolar granadas ou armas de curto alcance. No seu canto, ámbolos ataques poden ser empregados mentres segue equipado cunha arma de fogo.[17] Tódalas armas poden ser usadas para golpear ós inimigos,[17] o cal permite a Master Chief matar opoñentes silandeiramente sen chamar a atención dos inimigos dos arredores.[19] O Chief pode levar até oito granadas a un tempo, catro de fragmentación e catro de plasma.[20] Como as outras armas do xogo, os dous tipos de granadas difiren. As de fragmentación estoupan máis rapidamente unha vez lanzadas,[21] mentres que as de plasma quedan pegadas ós inimigos antes de estoupar.[22]

Combatentes

[editar | editar a fonte]

As principais forzas inimigas do xogo son o Covenant, un grupo de especies aliens aliadas que cren nunha relixión común. Entre as súas forzas hai Elites, feros guerreiros protexidos por escudos de enerxía recargables; Grunts, que son curtos, covardes e que son liderados polos Elites na batalla, polo que a miúdo foxen de medo cando non hai un Elite que os guíe; Jackals, orixinalmente piratas espaciais, levan un escudo de enerxía nunha man e unha arma de fogo noutra; e os Hunters, grandes e poderosas criaturas con fortes armaduras que cobren case todo o seu corpo e van armados con grandes canóns de bombas de plasma.[23]

Un inimigo secundario son os Flood, unha forma alieníxena parasita que aparece de tres formas diferentes.[24] As formas de infección, a verdadeira forma dos Flood, son seres fráxiles que fan pouco dano individualmente, pero que vagan en grupos de ducias para infectar á súa presa. As formas de combate proceden de humanos e Elites que sucumbiron ás formas de infección, e teñen como resultado corpos. As formas inchadas son o resultado dunha forma de combate evolucionada que serve como incuvadora de novas formas de infección. Cando son feridos ou están preto dunha vítima potencial, estoupan para danar calquera forma vivente e para espallar esporas, perpetuando o ciclo de vida dos Flood.

Loitando contra os Flood, os Covenant, e as forzas humanas están os Sentinels: drons robóticos deseñados por unha raza extinta chamada Forerunners para protexer as súas estruturas e previr a invasión dos Flood. Os Sentinels son quen de flotar en espazos pechados e de producir un escudo de enerxía cando están baixo ataque. Son pouco fortes, pero teñen potentes láseres e son inmunes á infección dos Flood.[24]

A intelixencia artificial de Halo foi acollida favorablemente.[25] Os inimigos cóbrense e empregan fogo de supresión e granadas.[18] Algúns inimigos retíranse cando os seus superiores son asasinados.[26] O xogador é axudado a miúdo polos marines da United Nations Space Command (UNSC), que proporcionan soporte de campo, manexan torretas ou montan en vehículos pilotados polo xogador.[18]

Multixogador

[editar | editar a fonte]

Un modo de pantalla partida permite a dous xogadores xogar cooperativamente nas campañas de Halo.[16] O xogo tamén inclúe cinco modos customizables de xogo multixogador para entre dous e dezaseis xogadores. Até catro xogadores poden xogar no sistema de pantalla partida nunha mesma Xbox, e máis xogadores poden unirse empregando o "System Link" que permite conectar até catro consolas Xbox nunha rede de área local.[16] Halo carece de bots de xogo, e foi lanzado antes do servizo multixogador en liña de Xbox Live; polo tanto, as LAN parties son precisas para acadar o límite de 16 xogadores,[27] unha configuración pioneira nas videoconsolas pero que foi considerada inviable pola crítica.[18][19] Malia as súas limitacións, os compoñentes multixogador de Halo foron ben recibidos pola crítica, e está amplamente considerado como un dos mellores xogos multixogador de tódolos tempos.[6][7][28]

A pesar de que a versión para Xbox Halo carece de apoio oficial para o xogo multixogador en liña, o software de túnel proporciona xeitos non oficiais para sortear esta limitación. Os portos de Windows e Macintosh de Halo permiten partidas en liña de até 16 xogadores e inclúen mapas multixogador que non se atopan no lanzamento orixinal para Xbox.[29] Porén, o modo cooperativo foi eliminado dos portos por mor de que precisaría demasiada recodificación para a súa posta en funcionamento.[30] En abril de 2014, anunciouse que os servidores de GameSpy, nos que funcionaba Halo PC, serían pechados o 31 de maio dese ano.[31] Un equipo de fans e empregados de Bungie que producirían un parche para o xogo coa fin de manter os seus servidores multixogador en liña.[32] O parche foi lanzado o 16 de maio de 2014.[33]

Halo: Custom Edition

[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 2004, Gearbox Software lanzou Halo: Custom Edition para Windows, que permite ós xogadores crear mapas customizados e modificacións de xogo a través do Kit de Edición de Halo creado por Bungie.[34] Halo: Custom Edition só é para multixogador, e require unha copia orixinal de Halo para PC para ser instalado.[34]

Ambientación

[editar | editar a fonte]

Halo: Combat Evolved ten lugar nun universo de ciencia ficción creado por Bungie Studios. Segundo a historia, as viaxes máis rápidos que a luz permitiu á raza humana colonizar outros planetas despois da superpoboación da Terra. A pedra angular deses esforzos é o planeta Reach, unha base interestelar e un centro de actividade científica e militar.[17] Un proxecto militar secreto, alcumado proxecto SPARTAN, foi posto en marcha no planeta Reach para crear un exército de enxeñaría biolóxica, "supersoldados" cyborg. Vinte e seis anos antes do xogo, unha alianza alieníxena tecnolóxicamente avanzada, o Covenant, comezou a atacar os asentamentos humanos, declarando á humanidade unha afronta ós seus deuses. A United Nations Space Command experimenta unha serie de esmagadoras derrotas; malia que os supersoldados do proxecto SPARTAN-II son efectivos contra o Covenant, son poucos en número para darlle a volta ó devir da guerra.[17]

Co obxectivo de cumprir unha misión para descubrir o planeta natal de Covenant, os soldados SPARTAN-II son reunidos en Reach. Dous días antes do comezo da misión, as forzas de Covenant atacan Reach e destrúen a colonia.[17] Unha nave espacial, a Pillar of Autumn, sobrevive o ataque co SPARTAN-II Master Chief a bordo. A nave inicia un salto ó "slipspace" (semellante ó hiperespazo),[35] agardando levar ó inimigo lonxe da Terra.[36] O xogo comeza coa Pillar of Autumn atopando Halo.[17]

O devandito Halo é un enorme planeta/estación espacial con forma de anel, que (segundo Bungie Studios) ten un diámetro de dez mil quilómetros.[37] Halo aséntase nun punto de Lagrange entre un planeta e a súa lúa. A forza centrífuga creada pola rotación da estación proporciona a gravidade ó anel.[38]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Personaxes de Halo.

O personaxe do xogador é Master Chief Petty Officer John-117,[39] un dos poucos supersoldados sobreviventes do proxecto SPARTAN-II, e o principal personaxe da historia. Acompañando a Master Chief está a intelixencia artificial do Pillar of Autumn, Cortana, que reside nun implante neural conectado á armadura de batalla, codificada como MJOLNIR Mark V. O capitán de Pillar of Autumn, Jacob Keyes, tamén é un personaxe importante, xunto co Sarxento Avery Junior Johnson como personaxe secundario. O principal papel antagonista do xogo é 343 Guilty Spark, unha intelixencia artificial responsable de manter e monitorizar os sistemas de Halo.

O xogo comeza coa chegada de Pillar of Autumn até unha misteriosa estación espacial con forma de anel, chamado "Halo" polo inimigo, o Covenant.[40] Unha frota de Covenant ataca e dana seriamente o Pillar of Autumn. O capitán Keyes inicia o "Protocolo Cole",[41] un procedemento que destrúe tódolos datos de navegación e está deseñado para previr que o Covenant descubra a localización da Terra. Master Chief e Cortana ábrense camiño a unha cápsula de escape, onde son exectados da nave xunto cun grupo de marines. Mentres voan poden ver como Keyes tenta aterrar a Pillar en Halo.

Master Chief e Cortana son os únicos superviventes da súa cápsula de voo, pero axiña contactan con outros soldados e axúdanlles a reunirse para formar unha forza de combate. Os superviventes cóntanlles que Keyes sobreviviu á aterraxe de Pillar of Autumn, pero foi capturado por Covenant e foi conducido a bordo da súa nave, Truth and Reconciliation.[42] Master Chief e unha forza de marines entran na nave e rescatan a Keyes, quen ordena a Master Chief tomar o centro de control de Halo e descubrir o obxectivo do mesmo.[43] Master Chief e Cortana viaxan a unha sala de mapas chamada "Silent Cartographer", que os conduce até a sala de control.[44] Alí, Cortana entra no sistema e descobre algo urxente, polo que envía a Master Chief a encontrarse co Capitán Keyes mentres ela queda atrás.[45] Keyes estaba a buscar o que el cría era un agocho de armas de grande alcance, pero cando chega á súa posición, Master Chief só atopa sinais de batalla e unha gravación que revela ceibaron accidentalmente o Flood, unha raza alieníxena parasita quen de propagarse infectando outras formas de vida.

A liberación dos Flood conduciu á intelixencia artificial de Halo, 343 Guilty Spark, a recrutar a Master Chief para que recupere o Index, un despositivo que activará o Halo e permitirá que os Flood se espallen fóra da estación. Despois de que Master Chief recupere e se prepare para usar Index, Cortana reaparece e advírtelle contra a activación. Ela descubriu que o sistema de defensa de Halo é unha arma deseñada para acabar coa vida na galaxia, que é o que impide os Flood espallarse,[46] unha revelación que Guilty Spark confirma.

Perante esta información, Master Chief e Cortana deciden destruír Halo para previr a súa activación. Mentres loitan cos Flood, o Covenant, e os sentinelas de Guilty Spark, Cortana descobre que o mellor xeito de conseguilo é provocar a autodestrución de Pillar of Autumn. Porén, precisa da autorización do Capitán Keyes para destruír a Autumn, o cal obriga a Chief e Cortana a regresar á infestada Truth and Reconciliation para buscalo. Cando atopan a Keyes, descobren que foi infectado até o punto de non retorno. Master Chief recupera os implantes neurais de Keyes directamente dende o seu cerebro e retírase a Autumn, onde Cortana activa a secuencia de autodestrución da nave. Porén, 343 Guilty Spark reaparece e desactiva a conta atrás, descubrindo o rexistro da historia humana durante o proceso. Master Chief desestabiliza manualmente os reactores de fusión da Pillar of Autumn, e el e Cortana escapan da destrución do anel. Cortana escanea o espazo e confirma que aparentemente eles son os únicos superviventes. Cortana xustifica o sacrificio dos outros humanos en Halo, ó constatar que non tiñan máis escolla por mor da ameaza que representaba Halo, o Covenant e os Flood. Cortana coida que xa rematou todo, pero Master Chief dille que en realidade só acaba de comezar.

Nunha breve escena despois dos créditos, 343 Guilty Spark é visto fuxindo da destrución de Halo e avanzando cara ao espazo profundo.

Voces de dobraxe

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Metacritic (ed.). "Halo: Combat Evolved for Xbox". Consultado o 22 de xuño 2011. 
  2. "Halo: Combat Evolved Reviewed". Electronic Gaming Monthly (150): 224. xaneiro de 2001. 
  3. O'Connor, Frank (9 de novembro de 2005). "Halo 2: One Year Later". Bungie. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2007. 
  4. Yin-Poole, Wesley (12 de xuño de 2014). Eurogamer, ed. "Halo: The Master Chief Collection is pure fan service". Gamer Network. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Accardo, Sal (15 de novembro de 2001). GameSpy, ed. "Gamespy: Halo". Ziff Davis. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Boulding, Aaron (9 de novembro de 2001). IGN, ed. "Halo Review". Ziff Davis. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2018. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Halo: Combat Evolved review". Edge (105) (Future Publishing). 29 de novembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  8. Bye, John (13 de marzo de 2002). Eurogamer, ed. "Halo Review". Gamer Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2011. 
  9. Edge, ed. (2 de xullo de 2007). "Edge's Top 100 games of all time". Future Publishing. p. 10. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2012. 
  10. GamePro, ed. (25 de abril de 2007). "The 52 Most Important Video Games of All Time". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2007. Consultado o 3 de setembro de 2007. 
  11. IGN, ed. (13 de setembro de 2013). "Halo: Combat Evolved -#4 Top Shooters". Ziff Davis. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  12. Ransom-Wiley, James (23 de xaneiro de 2006). Joystiq, ed. "Joystiq Interview: Peter Moore @ CES". AOL. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  13. Sparks, Ryan (25 de febreiro de 2005). Xbox Kombo, ed. "Making a Halo Killer". Advanced Media Network. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  14. Tuttle, Will (2 de novembro de 2004). GameSpy, ed. "Gamespy: Killzone". Ziff Davis. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 14 de outubro de 2007. Will Tuttle: Así que foi con gran decepción que terminei a miña copia de revisión de Killzone de Sony, un xogo que foi etiquetado inxustamente como un "asasino" de Halo por algúns membros da prensa do xogo. Tradución do orixinal: "So it was with great disappointment that I finished my review copy of Sony's Killzone, a game that was at one time unfairly labeled a "Halo killer" by some members of the gaming press. 
  15. Tavares, José Pedro; Gil, Rui; Roque, Licino (15 de abril de 2005). "Player as Author: conjecturing online game creation modalities and infrastructure". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2015. Consultado o 21 de maio de 2015. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Frequently Asked Questions about Halo: Gameplay". Halo.Bungie.Org. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2002. Consultado o 6 de setembro de 2006. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 17,7 17,8 Bungie, ed. (2001). Halo: Combat Evolved Instruction Manual (PDF). Microsoft Game Studios. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2016. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Fielder, Joe (9 de novembro de 2001). "Halo: Combat Evolved Xbox Review". GameSpot. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  19. 19,0 19,1 Laidlaw, Mike (3 de decembro de 2010). "Halo Xbox review". The Adrenaline Vault (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  20. "Halo (Xbox)". Neoseeker. Consultado o 22 de agosto de 2006. 
  21. "Human Weapons Intro". Bungie. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2004. Consultado o 8 de setembro de 2006. 
  22. "Covenant Weapons Intro". Bungie. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2004. Consultado o 8 de setembro de 2006. 
  23. "Halo Game Guide - The Covenant". GameSpot. 17 de outubro de 2003. p. 34. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2006. 
  24. 24,0 24,1 "Halo Game Guide - The Flood". GameSpot. 17 de outubro de 2003. p. 36. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2006. 
  25. Soboleski, Brent (9 de novembro de 2001). "Halo Review (Xbox)". TeamXbox. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2006. Consultado o 2 de setembro de 2006. 
  26. "Halo: Combat Evolved Xbox Review". TalkXbox. 13 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2004. Consultado o 6 de setembro de 2006. 
  27. "Halo : FAQInfo : FAQs". Bungie. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  28. Sanders, Shawn (1 de novembro de 2001). "Halo: Combat Evolved review for the XBOX". Game Revolution. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 2 de setembro de 2006. 
  29. Butts, Steve (27 de setembro de 2003). "Halo: Combat Evolved Review - PC Review". IGN. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2006. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  30. Reed, Kristan (10 de outubro de 2003). "Halo: Combat Evolved Review - PC". Eurogamer. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  31. Dyer, Mitch (3 de abril de 2014). IGN, ed. "GAMESPY MULTIPLAYER SHUTTING DOWN, HUNDREDS OF GAMES AT RISK". Ziff Davis. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  32. Miller, Arthur (12 de maio de 2014). Eurogamer, ed. "Home News Halo: Combat Evolved PC Bungie to update Halo PC with server fix". Gamer Network. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  33. O'Connor, Alice (19 de maio de 2014). "Is It Bungie You’re Looking For? Halo Patch Drops GameSpy". Rock, Paper, Shotgun. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  34. 34,0 34,1 "Halo: Custom Edition - PC". IGN. Consultado o 2 de setembro de 2006. 
  35. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Nivel/área: The Pillar of Autumn. Keyes: [sigh] We made a blind jump. How did they... / Cortana: Get here first? Covenant ships have always been faster. As for tracking us all the way from Reach, at light speed, my maneuvering options were limited. 
  36. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Sergeant Johnson: Men, we led those dumb bugs out to the middle of nowhere to keep 'em from gettin' their filthy claws on Earth. But, we stumbled onto somethin' they're so hot for that they're scramblin' over each other to get it! Well, I don't care if it's God's own, personal anti-son-of-a-bitch machine, or a giant hula hoop, we're not gonna let them have it! What we will let them have is a belly full of lead, and a pool of their own blood to drown in! Am I right, Marines? 
  37. Errera, Claude (10 de xaneiro de 2000). "Interview with Matt Soell". Halo.Bungie.Org. Consultado o 4 de agosto de 2006. 
  38. Perry, Douglass (11 de maio de 2000). "Bungie's ambitious first-person shooter is coming...". IGN. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  39. "Halo Story". Planet Halo. GameSpy. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o 7 de setembro de 2006. 
  40. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Nivel/área: The Truth and Reconciliation. Keyes: While the Covenant had us locked up in here, I overheard the guards talking about this ring world. They call it... Halo. 
  41. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Nivel/área: The Pillar of Autumn. Keyes: All right then, I'm initiating Cole Protocol Article Two. We're abandoning the Autumn. That means you too, Cortana. 
  42. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Cortana: Warning: I've picked up reports that the Covenant has located and secured the Pillar of Autumn's crash site. Good news is the Captain's still alive. The bad news is that the Covenant have captured all of the surviving men. Let's hurry and find the final lifeboat so we can link up with the rest of the survivors. 
  43. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Nivel/área: The Truth and Reconciliation. Cortana: According to the data in their networks, the ring has some kind of deep religious significance. If I'm analyzing this correctly, they believe that Halo is some kind of weapon — one with vast, unimaginable power. / Keyes: And it's true. The Covenant kept saying that whoever controls Halo controls the fate of the universe. / Cortana: Now I see! I have intercepted a number of messages about a Covenant search team scouting for a control room. I thought they were looking for the bridge of a cruiser that I damaged during the battle above the ring, but they must be looking for Halo's control room! / Keyes: That's bad news. If Halo is a weapon, and the Covenant gain control of it, they'll use it against us and wipe out the entire human race. Chief, Cortana, I have a new mission for you. We need to beat the Covenant to Halo's control room. Marines, let's move. 
  44. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Cortana: The Covenant believe that what they call the "Silent Cartographer" is somewhere under this island. The Cartographer is a map room that will lead us to Halo's control center. 
  45. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Master Chief: So, what sort of weapon is it? / Cortana: What are you talking about? Master Chief: Let's stay focused. Halo: how do we use it against the Covenant? / Cortana: This ring isn't a cudgel, you barbarian. It's something else. Something much more important. The Covenant were right. This ring, it's Forerunner. Give me a second to access... yes, the Forerunners built this place, what they called a fortress world, in order to—Wait... No, that can't be! Oh, those Covenant fools! They must have known! There must have been signs! / Master Chief: Slow down. You're losing me. / Cortana: The Covenant... found something buried in this ring; something horrible. And now they're afraid. Master Chief: Something buried? Where? / Cortana: The Captain! We've got to stop the Captain! / Master Chief: Keyes? What do we... / Cortana: The weapons cache he's looking for is not really... We can't let him get inside! / Master Chief: I don't understa—/ Cortana: There's no time! Get out of here! Find Keyes. Stop him. Before it's too late! 
  46. Bungie. "Halo: Combat Evolved". Xbox. Master Chief: The Flood is spreading. If we activate Halo's defenses, we can wipe them out. / Cortana: You have no idea how this ring works, do you? Why the Forerunners built it? Halo doesn't kill Flood; it kills their food. Humans, Covenant, whatever; we're all equally edible. The only way to stop the Flood is to starve them to death, and that's exactly what Halo is designed to do—wipe the galaxy clean of all sentient life. You don't believe me? Ask him! 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]