[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gwaihir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gwaihir.

Gwaihir é unha criatura ficticia que pertence ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece nas novelas O hobbit e O Señor dos Aneis. É unha aguia xigante descendente de Thorondor, e toma o seu lugar como rei das aguias na Terceira Idade do Sol.

A súa primeira aparición (aínda que sen ser nomeado explicitamente) na historia da Terra Media foi no ano 2941 T. E. cando xunto a un grupo de aguias baixo o seu mando, rescatou a Compañía de Thorin, a Bilbo Bulseiro e a Gandalf do ataque dos lobos de Isengarda no Claro dos Lobos nas Montañas Bretemosas.

No mesmo ano participou na Batalla dos Cinco Exércitos ó pé da Montaña Solitaria conducindo a tódalas Aguias das montañas e loitando a favor de ananos, homes e elfos, sendo decisiva a súa acción.

Gwaihir tamén axuda a Gandalf o Gris, cando o salva do cativerio de Saruman na torre de Orthanc en Isengarda, e tamén presta axuda a Gandalf ó sacalo do pico de Zirak-Zigil despois da Batalla co Balrog.

Ó final da historia, Gwaihir remata a misión do seu antergo Thorondor de axudar ós homes e ós elfos, cando voa cara á Batalla nas Portas de Mordor. Xunto a Gandalf, vai ó rescate de Frodo cando se produce a caída de Sauron. Xunto a el voaba o seu irmán Landroval.