Guitarra portuguesa
A guitarra portuguesa é un instrumento musical de orixe incerta. Algúns apuntan que é un cruzamento do cistro renacentista e o laúde árabe. Outros apuntan que é un cruzamento da bandurra española co cistr inglés, chamado guitarra inglesa en Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]Gonçalo Paredes e Flávio Rodrigues, entre outros, foron os compositores máis respectados dentro do estilo tradicional. Posteriormente Artur Paredes xurdiu cunha interpretación persoal do instrumento beneficiando a súa acústica de diversas formas.
Traballando cunha familia de construtores Paredes trouxo o instrumento á era actual.
Carlos Paredes, fillo de Artur Paredes, creou novas melodías e converteu a guitarra portuguesa nun instrumento de concerto, tocando con músicos de jazz, como Charlie Haden, entre outros. Simultaneamente, en Coímbra, António Brojo e António Portugal desenvolveron tanto a guitarra portuguesa como o Fado de Coímbra, superando limitacións de antano.
Destaca tamén o papel fundamental de Pedro Caldeira Cabral na divulgación da guitarra portuguesa a varios niveis, especialmente na compilación e publicación de "A Guitarra Portuguesa", e nos arranxos e interpretación de repertorio erudito para a guitarra portuguesa.
Guitarristas
[editar | editar a fonte]- António Chainho
- Armandinho
- Artur Paredes
- António Parreira
- Carlos Gonçalves
- Carlos Paredes
- Edgar Nogueira
- José Nunes
- Pedro Caldeira Cabral
- Raul Nery