[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Giuseppe Fanelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiuseppe Fanelli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1827 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1877 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Nocera Inferiore, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Deputado do Reino de Italia
5 de decembro de 1870 – 20 de setembro de 1874
Deputado do Reino de Italia
22 de marzo de 1867 – 2 de novembro de 1870
Deputado do Reino de Italia
18 de novembro de 1865 – 13 de febreiro de 1867
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoHistorical Far Left (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoExpedição dos Mil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Giuseppe Fanelli, nado en Nápoles o 13 de outubro de 1826 e finado en Nocera Inferiore o 5 de xaneiro de 1877, foi un anarquista italiano. En 1868 Mikhail Bakunin enviouno a España para difundir as ideas da Asociación Internacional dos Traballadores (AIT) e da Alianza da Democracia Socialista, con intención de recrutar membros para a Primeira Internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Combateu a prol da República romana (1848-1849). Enrolado con Giuseppe Garibaldi participou na Expedición dos Mil (1860) a fin de sublevar Sicilia contra a monarquía borbónica. Entre 1862 e 1863 participou no levantamento de Polonia contra o Imperio tsarista. Volto a Italia, combatería en 1866 contra os austríacos, que retiñan aínda parte do Norte italiano. Paulatinamente iría desligándose de Giuseppe Mazzini, achegándose aos ideais socialistas. Incorporado á AIT, sería fundador, con Bakunin da Alianza da Democracia Socialista (1868). Obtivo acta de deputado no parlamento italiano para gozar da inmunidade que correspondían aos deputados.

Fanelli en España

[editar | editar a fonte]

A finais de 1868 chegou a Madrid, enviado por Bakunin, para difundir o ideario da Primeira Internacional. O 24 de xaneiro de 1869, organizou unha reunión, no domicilio madrileño de José Rubau Donadeu, á que concorreron varios traballadores, aos que Fanelli explicou o programa da AIT e que formaron o primeiro núcleo internacionalista en España. Fanelli mostrou tamén as bases da Alianza da Democracia Socialista, logrando que se crease a primeira sección española desa organización.

Desde Madrid, Fanelli continuou para Barcelona. Na correspondente reunión en casa de José Luis Pellicer, expuxo os programas da AIT e da Alianza da Democracia. O 2 de maio de 1869 quedou constituída a sección barcelonesa da AIT, que publicaría xa un xornal La Federación o 1 de agosto de 1869, dirixido por Rafael Farga Pellicer.