Gilla Band
Gilla Band | |
---|---|
Orixe | Dublín, Irlanda |
Período | 2011 - presente |
Xénero(s) | post-punk, noise rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Any Other City, Rough Trade Records |
Membros | Dara Kiely Alan Duggan Daniel Fox Adam Faulkner |
Na rede | |
gillaband.com | |
Gilla Band (anteriormente Girl Band) é unha banda irlandesa de post-punk e noise rock procedente de Dublín. Foi fundada en 2011 e está composta polo vocalista Dara Kiely, o guitarrista Alan Duggan, o baixista Daniel Fox, e o batería Adam Faulkner.
O seu primeiro lanzamento foi o sinxelo de 2012 "In My Head", seguido polo tema "You're a Dog", que fixo que gañansen seguidores tanto en Irlanda como no Reino Unido e un contrato discográfico con Rough Trade en 2015. Ese ano The Irish Times describiunos como "o artista máis fascinante destes lugares na actualidade... [que fai] ruído emocionante, ameazante e excitante".[1]
Ata a data a banda lanzou unha serie de sinxelos e EPs,[2] o aclamado álbum Holding Hands with Jamie (2015), e despois dun oco en 2016-2017 debido a problemas de saúde, editou o influenciado polo techno e o glam The Talkies (2019), e Most Normal (2022).
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A banda foi formada como Girl Band en Dublín en xullo de 2011[3] polo vocalista Dara Kiely, o guitarrista Alan Duggan, o baixista Daniel Fox e o batería Adam Faulkner.[4] Duggan, Kiely e Fox tocaran na banda de indie rock Harrows.[3][4][5] Harrows formárase cando os membros estaban na secundaria aos 16 anos e foi descrita por Kiely e Fox como "unha versión de merda dos Strokes".[6] Non ficharon cun selo discográfico mentres estiveron activos e cargaron as poucas cancións que gravaron a YouTube e Myspace.[7][8] Kiely tocaba a batería en Harrows e non foi ata despois de que Harrows se disolvese cando comezou a cantar.[5]
En abril de 2012 Gilla Band publicou o seu sinxelo de estrea, "In My Head", a través do selo Any Other City Records,[9] e autofinanciaron un videoclip para o tema "Leave Again". Tras o sinxelo lanzaron o EP autoproducido France 98, que foi gravado ao vivo e editado a través de Any Other City. Despois gravaron unha versión de "Why They Hide Their Bodies Under My Garage?" do artista techno Blawan,[10] o que aumentou a súa reputación e ampliou a súa base de fans, preparándoos para un feixe de datas de xira no Reino Unido durante abril de 2013.[11]
Rough Trade
[editar | editar a fonte]Girl Band publicou varios sinxelos de 7" limitados durante 2014 a través de Any Other City, e no mes de decembro fichou por Rough Trade Records.[12] O contrato discográfico chegou despois de que o fundador do selo, Geoff Travis, os vise actuar numerosas veces[3][4] e quixese "facilitar que [o que a banda era] se fixese a maior escala".[5][12] En Rough Trade déronlles o control creativo total e permitíronlles producir os seus propios discos. Lanzaron o seu álbum debut autoproducido Holding Hands With Jamie a través da discográfica en setembro de 2015.
The Talkies
[editar | editar a fonte]En xuño de 2019 Girl Band publicou "Shoulderblades", o seu primeiro sinxelo en catro anos.[13] Un segundo sinxelo titulado "Going Norway" seguiu en agosto dese ano. Estes foron os sinxelos do segundo álbum da banda, The Talkies, que foi lanzado por Rough Trade o 27 de setembro.[13] O son repetitivo e experimental do álbum caracterízase polo seu uso pouco ortodoxo de guitarras cargadas de efectos, letras abstractas e préstamos estilísticos da música techno e industrial.[14][12] Os críticos describiron o álbum como noise rock[11] e post-punk,[15][4] e moitos loubaron o seu ton escuro e inquietante.
Cambio de nome
[editar | editar a fonte]En novembro de 2021 a banda anunciou que cambiarían o seu nome de Girl Band a Gilla Band.[16] O grupo declarou que cambiaron o seu nome porque era un "nome de xénero erróneo" e que o seu nome anterior podería estar "propagando unha cultura de non inclusión".[17]
En xullo de 2022 a banda anunciou o seu terceiro álbum de estudio, titulado Most Normal, coincidindo coa publicación do seu primeiro sinxelo, “Eight Fivers", e o seu video correspondente.[18] O disco sería editado novamente a través de Rough Trade o 7 de outubro dese mesmo ano.[19]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Holding Hands with Jamie | 2015 | Rough Trade Records |
The Talkies | 2019 | Rough Trade Records |
Most Normal | 2022 | Rough Trade Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Girl Band: Dublin indie-rockers with revolution in their heads". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-06-03.
- ↑ O'Toole, Lucy. "Girl Band Reflect On Their Incredible Comeback With The Talkies". Hotpress. Consultado o 2024-06-03.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Band To Watch: Girl Band". Stereogum (en inglés). 2015-02-05. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Girl Band: The Talkies". Spectrum Culture (en inglés). 2019-10-01. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Music Interview: Girl Band". Totally Dublin (en inglés). 2015-10-02. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ Cohan, Brad (2015-11-18). "Why a Group of All Dudes Named Themselves Girl Band". VICE (en inglés). Consultado o 2024-11-15.
- ↑ "harrowsband". YouTube. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ "HARROWS". Myspace. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ "Gilla Band Songs, Albums, Reviews, Bio & More ...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-11-15.
- ↑ "Rough Trade Records". web.archive.org. 2016-03-31. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ 11,0 11,1 Richards, Will (2019-09-19). "Girl Band – 'The Talkies' review: wild experimentation borne of self-imposed limitations". NME (en inglés). Consultado o 2024-11-15.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "Rough Trade Sign Girl Band". Rough Trade Records. 2017-01-13. Consultado o 2024-11-15.
- ↑ 13,0 13,1 Minsker, Evan (2019-06-06). "Girl Band Announce New Album The Talkies, Share Video for New Song “Shoulderblades”: Watch". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-11-16.
- ↑ O'Toole, Lucy. "Girl Band Reflect On Their Incredible Comeback With The Talkies". Hotpress. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ Beaumont-Thomas, Ben (2019-09-27). "Girl Band: The Talkies review – Dublin punks rejoin the moshpit – and the dancefloor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Gilla Band (@gillaband) on Instagram". ghostarchive.org. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ Monroe, Jazz (2021-11-16). "Girl Band Ditch “Misgendered Name” to Become Gilla Band". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ Minsker, Evan (2022-07-13). "Gilla Band (fka Girl Band) Announce New Album Most Normal, Share Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-11-21.
- ↑ "Most Normal, by Gilla Band". Gilla Band (en inglés). Consultado o 2024-11-21.