[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Georges Delerue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Delerue

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1925 Editar o valor en Wikidata
Roubaix, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park
Grave of Delerue (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, compositor de bandas sonoras Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata -
ProfesoresDarius Milhaud Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBlack & Blue (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgeorges-delerue.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000016 Allocine: 36021 Allmovie: p87401 IBDB: 91755
BNE: XX1167412 Musicbrainz: 3e46f4da-eee2-455f-bb72-9ca83887e9e4 Discogs: 206215 Allmusic: mn0000944643 Find a Grave: 18683 Editar o valor en Wikidata

Georges Delerue, nado en Roubaix (departamento do Norte) o 12 de marzo de 1925 e finado nos Ánxeles (California) o 20 de marzo de 1992 foi un músico francés que compuxo máis de 350 bandas sonoras para cinema e televisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Delerue naceu en Roubaix, nun ambiente musical. O seu avó lideraba un coro afeccionado e a súa nai cantaba e tocaba o piano. Aos catorce anos tocaba o clarinete no conservatorio local. En 1940 tivo que abandonar os seus estudos para traballar nunha fábrica e axudar a súa familia. Aínda así continuou a tocar o clarinete en bandas locais, pasándose logo ao piano. Tras unha longa convalecencia tras ser diagnosticado con escoliose decidiu dedicarse á composición.[2]

En 1945 foi aceptado no Conservatorio de París e ao mesmo tempo traballaba tocando en bailes e celebracións e tamén tocando jazz en bares. Comezou a escribir música para teatro a finais da década de 1940. Nesa época fíxose amigo de Maurice Jarre e de Pierre Boulez.[3]

A principios da década de 1950 compoñía música para curtametraxes e para obras teatrais do Théâtre Babylone e da Opéra Comique. Comezou tamén a colaborar con Boris Vian en varios proxectos. A súa primeira composición para televisión foi en 1952 e a súa primeira banda sonora cinematográfica chegou en 1959 con Le bel âge.[2]

Durante a súa carreira traballou en varias ocasións con directores coma François Truffaut, Oliver Stone ou Jack Clayton e gañou un Oscar e tres premios César consecutivos.

Faleceu en 1992 dun infarto de miocardio, sendo enterrado no Forest Lawn Memorial Park Cemetery de Glendale, California.[2]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Outras composicións

[editar | editar a fonte]
  • Óperas: Ariane; Le chevalier de neige; Une regrettable histoire; Médis et Alyssio
  • Ballets: L'emprise; Conte cruel; La leçon; Les trois mousquetaires
  • Diptyque for flute
  • Duos pour flûte et guitare
  • Visages (para guitarra)
  • Mosaique (para guitarra)
  • Graphic (para guitarra)
  • Antienne 1 para violín e piano
  • Concerto de l'Adieu
  • Aria et Final
  • Mouvements pour instruments à percussion et piano
  • Stances para violoncello e piano
  • Violin Sonata
  • Récit et choral para trompeta e órgano
  • Madrigal para conxunto de trombón
  • Fanfares Pour Tous Les Temps for brass
  • Cérémonial (for brass ensemble)
  • Catro pezas para clarinete e piano
  • Prélude & danse para óboe e piano
  • Cuarteto de corda No. 1
  • Cuarteto de corda No. 2
  1. Soundtrack Guide (ed.). "Georges Delerue". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 4 de marzo 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Official Web Site (ed.). "Georges Delerue Biography". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  3. Brill, Mark. Georges Delerue. In: The New Grove Dictionary of Music and Musicians, 2nd Edition. Macmillan, Londres, 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]