Genealogy
Aparencia
Genealogy | |
---|---|
Orixe | Armenia |
Período | 2015 |
Membros | Essaï Altounian (Europa) Tamar Kaprelian (América) Vahe Tilbian (África) Stephanie Topalian (Asia) Mary-Jean O'Doherty Basmadjian (Oceanía) Inga Arshakyan (Armenia) |
Na rede | |
Páxina web oficial | |
Genealogy é un supergrupo armenio formado por cantantes pertencentes á diáspora armenia dispersa polo mundo tras o xenocidio armenio de 1915. Será o grupo encargado de representar a Armenia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Face the Shadow" (Fronte á sombra), inicialmente titulada como "Don't deny" (Non o negues).[1] Cinco dos cantantes representan a cada un dos cinco continentes, aos que se suma un sexto membro que vive en Armenia e que xa representou a Armenia no Festival de Eurovisión 2009 xunto á súa irmá Anush, onde quedaron décimas. A confección do supergrupo pretende simbolizala unión entre os armenios do mundo.
Membros
[editar | editar a fonte]Continente | País | Artista | Nacemento | Data de unión ao grupo |
---|---|---|---|---|
África |
Etiopía | Vahe Tilbian | 2 de maio de 1980 | 23 de febreiro de 2015 |
América |
Estados Unidos | Tamar Kaprelian | 28 de outubro de 1986 | 20 de febreiro de 2015 |
Asia |
Xapón | Stephanie Topalian | 5 de agosto de 1987 | 27 de febreiro de 2015 |
Europa |
Francia | Essaï Altounian | 5 de novembro de 1980 | 16 de febreiro de 2015 |
Oceanía |
Australia | Mary-Jean O'Doherty Vasmatzian | 2 de abril de 1982 | 3 de marzo de 2015 |
Armenia |
Armenia | Inga Arshakyan | 18 de marzo de 1982 | 12 de marzo de 2015 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eurovision Armenia: Geneaology will fly to Vienna!". esctoday.com. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Genealogy |