Geek
Un geek (do inglés geek - pronunciase "guic") é unha persoa que comparte unha gran fascinación, ata un punto obsesivo, pola tecnoloxía. É máis un estilo de vida e unha forma de ser que unha afección concreta por algo pouco habitual. O seu obxectivo é facer as cousas por diversión e polo recoñecemento, case sempre polo simple pracer de facelo.
No entanto é un termo que a miúdo se confunde como sinónimo de Nerd. Aínda que as diferenzas son moi debatidas hoxe en día, ó igual que un geek, un nerd é unha persoa con grande intelixencia e paixón polo coñecemento, así como con altas tendencias de manterse apartado da corrente social. Así e todo, un geek adoita ser unha persoa máis extravagante e extravertida tanto no seu estilo de vida como na súa forma de ser, mentres que un nerd tende a ser máis conservador.
A cultura geek está tamén intimamente vinculada coa ciencia ficción (Star Wars, Star Trek, The Matrix), fantasía épica (O Señor dos Aneis), os videoxogos, cómics, xogos de rol, música electrónica e informática entre outros. Deseñouse un código exclusivo para representar a personalidade, aparencia, intereses e opinións do estereotipo geek e diferenciarse a si mesmos doutros Geeks, coñecido como Geek Code
Literatura geek
[editar | editar a fonte]O xornal inglés The Guardian promoveu en 2006 unha enquisa para coñecer cales eran os vinte mellores exemplos de literatura geek escritas en inglés dende 1932. Se ben os datos non son interesantes dende un punto de vista metodolóxico, poden dar unha referencia axeitada do que se entende por literatura geek.
- Guía do autostopista galáctico (Douglas Adams)
- Nineteen Eighty-Four (George Orwell)
- Un feliz mundo novo (Aldous Huxley)
- Do androids dream of electric sheep? (Philip K. Dick)
- Neuromancer (William Gibson)
- Dune (Frank Herbert)
- I, robot (Isaac Asimov)
- Fundation(Isaac Asimov)
- The colour of magic (Terry Pratchett)
- Microserfs (Douglas Coupland)
- Snow Crash (Neal Stephenson)
- Watchmen (Alan Moore e Dave Gibbons)
- Cryptonomicon (Neal Stephenson)
- Consider Phlebas (Iain M. Banks)
- Stranger in a Strange Land (Robert Heinlein)
- The Man in the High Castle (Philip K. Dick)
- American Gods (Neil Gaiman)
- The Diamond Age: Or, A Young Lady's Illustrated Primer (Neal Stephenson)
- The Illuminatus! Trilogy (Robert Shea e Robert Anton Wilson)
- Trouble with Lichen (John Wyndham)