Galerna
Unha galerna[1] é un temporal súbito e violento con fortes refachos de vento do oeste ao noroeste que adoita azoutar o Mar Cantábrico e as súas costas, polo xeral na primavera e o outono. Tamén se dá na costa occidental de Francia. Englóbase dentro das denominadas Perturbacións Atrapadas na Costa (PAC - en inglés Coastal Trapped Disturbance).
Aparecen en días calorosos e apracibles nos que a chegada dun fronte fría vén acompañado dun cambio brusco na dirección e intensidade do vento, que pode chegar a superar os 100 km/h. O ceo escurécese e prodúcese un forte descenso da temperatura, de ata 12°C en 20 minutos, un descenso rápido da presión atmosférica e un aumento da humidade que roza o 100%. O mar pode chegar a ser groso ou montañoso e a todo iso engádense unhas curtas pero intensas choivas.
Galernas ao longo da historia
[editar | editar a fonte]As galernas son temidas polos homes do mar por ser un fenómeno meteorolóxico de extremada violencia e que se cobraron numerosas vidas entre os mariñeiros. A máis recordada foi a galerna que se produciu o 20 de abril de 1878, tristemente coñecida pola Galerna do Sábado de Gloria e que José María de Pereda recollería na súa novela Sotileza. Esa tarde toda a poboación pescadora apiñábase nos portos e na costa vendo como os seus familiares intentaban gañar a costa a bordo das lanchas e traiñeiras. Perderían a vida 322 pescadores afogados no Cantábrico (132 cántabros e 190 vascos) e a conmoción provocada no país sería moi importante. A partir deste desastre introduciríanse melloras na navegación (cuberta corrida, partes meteorolóxicos, salvamento de náufragos etc.). Aínda así todo iso non quitaría que nas sucesivas galernas seguísense producindo vítimas. Importantes foron tamén as dos anos 1912 na que faleceron 141[2] persoas dos que máis de 100 eran pescadores da vila vasca de Bermeo[3] , 1914, 1961 entre outras.
As galernas tamén foron causantes da dispersión da frota da Armada Invencible (1588) e causa principal do desastre de esta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "galerna". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 19/07/2018. Consultado o 19/07/2018.
- ↑ Eider Garaikoetxea (2009). "¿Qué es una galerna?" (en (en castelán)). Arquivado dende o orixinal o 02-01-2013. Consultado o 02-08-2009.
- ↑ Egaña Arruti, Joseba (2003). "Las galernas" (en (en castelán)). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carmen Gozalo de Andrés (2002). "Galernas de ayer y de hoy" (en (en castelán)). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008.