Gabriel Bibron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1805 París, Francia |
Morte | 27 de marzo de 1848 (42 anos) Loira, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | zoólogo, herpetólogo |
Empregador | Universidade de París |
Participou en | |
agosto de 1828 | Expedição Moreia (pt) |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bibron |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Belloc |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Gabriel Bibron, nado o 20 de outubro de 1805 en París, e finado o 27 de marzo de 1848 en Saint-Alban-les-Eaux, departamento de Loira, foi un zoólogo francés especializado en herpetoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun empregado do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, recibiu formación temperá en historia natural e foi empregado para reunir coleccións de vertebrados en Italia e Sicilia. Formou parte da expedición científica a Morea.
En abril de 1826 casou con Louise Rousseau.
En 1832 coñeceu a André Marie Constant Duméril, converténdose no seu amigo e asistente. Colaborou con el en particular co monumental tratado Erpétologie générale, ou, Histoire naturelle complete des reptiles. 1835–1850, 9 volumes. París: Librairie Encyclopédique de Roret.
Tratou tamén con moitos colegas estranxeiros, entre eles Thomas Bell e John Edward Gray.
Na Erpétologie générale Duméril dedicouse principalmente á descrición dos xéneros, deixando a Bibron a das especies.
En febreiro de 1842 casou por segunda vez con Jeanne Belloc, irmá do pintor Jean-Hilaire Belloc.
Afectado de tuberculose, retirouse en 1845, establecéndose en Saint-Alban, onde morreu aos 42 anos.
Obra
[editar | editar a fonte]- Erpétologie générale: ou, Histoire naturelle complete des reptiles. 1835–1850, 9 volumes. (con André Marie Constant Duméril).
Epónimos
[editar | editar a fonte]Bibron foi conmemorado nos epítetos científicos de dez especies de réptiles.[1]
- Afrotyphlops bibronii, unha serpente cega
- Atractaspis bibroni, unha serpente velenosa
- Calliophis bibroni, unha serpente velenosa
- Candoia bibroni, unha boa
- Diplolaemus bibronii, un lagarto
- Enyalius bibronii, un lagarto
- Eutropis bibronii, un escíncido
- Liolaemus bibronii, un lagarto
- Chondrodactylus bibronii, un xeco
- Pelochelys bibroni, unha tartaruga
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bibron emprégase para recoñecer a Gabriel Bibron como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Bibron", p. 25).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriel Bibron |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gabriel Bibron |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jean Lescure & Bernard Le Garff (2006): L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4142-7.
- Peter Uetz (2010): "The original descriptions of reptiles". Zootaxa 2335: 59–68.