[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

GCiencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

GCiencia
Logo
Tiporevista dixital
Data de fundación2013
PaísEspaña
Na rede
https://www.gciencia.com/
Facebook: CienciaG Twitter: GC_GCiencia Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

GCiencia é un periódico de divulgación científica en lingua galega fundado en 2013[1] polos xornalistas Pablo López e Eduardo Rolland[2], que se atopa entre os medios dixitais máis seguidos de Galicia. O seu obxectivo consiste en dar a coñecer as novidades e avances no mundo da ciencia, especialmente en Galicia, con contidos que se estenden á tecnoloxía, a saúde, as universidades, a historia e o pensamento.

A lingua galega é o idioma preferente da gran maioría dos seus contidos xornalísticos, principalmente escritos, pero tamén audiovisuais, en streaming ou formato podcast. GCiencia exerce ademais como un axente de divulgación a través doutras actividades como a convocatoria de premios, a organización de obradoiros, ciclos de conferencias, edición de revistas en papel e exposición, entre outras.

Conta cunha comunidade de máis de 100.000 seguidores en redes sociais, 71.000 deles en Facebook, o que o converte no terceiro medio con maior alcance en Galicia nesta rede social, incluídos os xeneralistas.

  1. "Ciencia entre xigantes". GCiencia. Consultado o 10/3/2018. 
  2. "Quen somos - GCiencia". GCiencia. Arquivado dende o orixinal o 13/04/2020. Consultado o 10/3/2018. 
  3. Pato, Alfonso (2013-11-22). "Nace ‘Gciencia’ para contar la ciencia desde el periodismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-08. 
  4. Redacción (26 de novembro de 2015). "GCiencia, nomeada finalista do Premio do Público Culturgal 2016". Redacción. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2017. Consultado o 10/3/2018. 
  5. Redacción (18 de setembro de 2017). "O xornalista de GCiencia Manuel Rey gaña o Premio Galicia de Xornalismo Científico". GCiencia. Consultado o 10/3/2018. 
  6. Redacción (29 de setembro de 2019). "GCiencia gaña o premio máis prestixioso de información científica de España". GCiencia. 
  7. Redacción (20 de xuño de 2019). "GCiencia gaña o Premio Rosalía de Castro". GCiencia. 
  8. Redacción (21 de novembro de 2020). "GCiencia gaña o Premio da Crítica de Galicia". GCiencia. 
  9. Redacción (3 de novembro de 2016). "GCiencia, nomeada finalista do Premio do Público Culturgal 2016 - GCiencia". GCiencia. Consultado o 10/3/2018. 
  10. Belén López Rodríguez (2023-05-25). "GCiencia, Rosa Castro e Felipe Senén López fanse cos Premios Lois Peña Novo". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-05-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]