Furacán Dog
Aparencia
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O furacán Dog foi o furacán máis intenso da tempada de furacáns no océano Atlántico do ano 1950.
Características
[editar | editar a fonte]Foi a cuarta tormenta da tempada. Dog tivo lugar o 30 de agosto, ao leste de Antiga, e despois de pasar polas Antillas Menores norteñas, virou cara ao Norte e foille asignada a Categoría 5. Dog alcanzou velocidades máximas de 295 km/h no Atlántico aberto, Máis tarde debilitouse ao paso polo Cabo Cod e 300 km despois foi declarado extratropical.