Fuga de cerebros
Fuga de cerebros | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fuga de cerebros |
Director | Fernando González Molina |
Produtor | Daniel Écija Mercedes Gamero |
Guión | Curro Velázquez Álex Pina |
Intérpretes | Amaia Salamanca Mario Casas Alberto Amarilla Canco Rodríguez Gorka Lasaosa Pablo Penedo Simon Cohen Álex Angulo David Fernández Ortiz Loles León José Luis Gil Mariano Peña Antonio Resines Blanca Suárez |
Música | Manel Santisteban |
Fotografía | Sergio Delgado |
Montaxe | Irene Blecua |
Estudio | Antena 3 Films Cangrejo Films |
Estrea | 2009 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España |
Recadación | 6.863.216,54 € |
Filme seguinte | Fuga de cerebros 2 (2011) |
Na rede | |
http://www.fugadecerebros.com:80/ | |
Fuga de cerebros é un filme español de 2009 dirixido por Fernando González Molina e protagonizado por Mario Casas e Amaia Salamanca. Producido por Antena 3 Films xunto con Cangrejo Films e estreado o 24 de abril, o filme rodouse entre Madrid e Xixón. Foi o filme máis visto de España durante ese ano, o cal motivou unha secuela, Fuga de cerebros 2 (2011). En 2013, fíxose unha versión italiana do filme, co título Fuga di Cervelli, dirixida por Paolo Ruffini.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O tímido e zoupón Emilio (Mario Casas) está namorado de Natalia (Amaia Salamanca) dende que os dous eran cativos. Xusto no intre no que ten pensado declararlle o seu amor, ela anúncialle que lle concederon unha bolsa para estudar en Oxford. Aflixido, o rapaz é convencido polos seus amigos para matricularse na mesma universidade, falsificando bolsas e diplomas, co fin de conquistala. Desta maneira, os seus amigos Corneto (Pablo Penedo), o cego Chuli (Alberto Amarilla), o xitano Cabra (Canco Rodríguez) e o paralítico heavy Ruedas (Gorka Lasaosa) decidan acompañalo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mario Casas como Emilio Carbajosa Benito
- Amaia Salamanca como Natalia
- Alberto Amarilla como José Manuel "Chuli" Sánchez Expósito
- Gorka Lasaosa como Rafael "Ruedas" Garrido Calvo
- Pablo Penedo como Felipe "Corneto" Roldán Salas
- Canco Rodríguez como Raimundo "Cabra" Vargas Montoya
- Blanca Suárez como "Angelical voice"/Speaker
- Sarah Mühlhause como Claudia
- Simon Cohen como Edward Chamberlain
- Carlos Santos como Potro
- Reg Wilson como Profesor
- Asunción Balaguer como avoa de Emilio
- Joan Dalmau como avó de Emilio
- Álex Angulo como Cecilio Garrido
- Loles León como Rita Calvo
- David Fernández Ortiz como Loren Sánchez
- José Luis Gil como Manuel Roldán
- Mariano Peña como Julián Roldán
- Fernando Guillén como avó de Natalia
- Antonio Resines como pai de Natalia
- Óscar Casas como Emilio Carbajosa Benito (con 11 anos)
- Oliver Vigil como Emilio Carbajosa Benito (con 8 anos)
- Andrea Díaz como Natalia de nena
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fuga de cerebros na IMDb (en inglés).