Fu Manchu (grupo musical)
Fu Manchu | |
---|---|
Fu Manchu, 2019 | |
Orixe | Condado de Orange (California), Estados Unidos |
Período | 1987 - presente |
Xénero(s) | stoner rock |
Selo(s) discográfico(s) | DRT, Liquor and Poker Music, Mammoth Records, Bong Load, Man's Ruin, Slap-a-Ham |
Membros | Scott Hill Bob Balch Scott Reeder Brad Davis |
Antigos membros | Brant Bjork Eddie Glass Mark Abshire Ruben Romano Scott Votaw Greg McCaughey |
Artistas relacionados | Kyuss, Nebula, Beefsore, Sun and Sail Club |
Na rede | |
http://www.fu-manchu.com | |
Fu Manchu é unha banda estadounidense de stoner rock procedente do condado de Orange (California), e que editou o seu traballo de debut, o sinxelo "Kept Between Trees", en 1990.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fu Manchu formouse orixinalmente en 1987 como unha banda de hardcore punk chamada Virulence. As súas principais influencias foron as bandas Black Flag e Bl'ast. A formación estaba composta polo vocalista Ken Pucci, o guitarrista Scott Hill, o baixista Greg McCaughey e o batería Ruben Romano. En 1989 editaron o seu álbum de debut If This Isn't a Dream... a través de Alchemy Records. En 1990, Pucci deixou a banda e foi substituído polo vocalista Glen Chivens e eles cambiaron o nome para Fu Manchu. Pouco despois editaron o sinxelo "Kept Between Trees" pola Slap A Ham Records. Nesta gravación, Fu Manchu aínda amosaba moito do son hardcore da formación anterior. Porén, a banda comezou a facer un estilo semellante ao hard rock dos 70. McCaughey non estaba contento con isto, ao consideralo que seguían unha tendencia, xa que nese momento o selo Sub Pop estaba na cima do éxito do underground, e moitas das súas bandas eran coñecidas por ter un son semellante ao rock dos 70. McCaughey deixou a banda e foi substituído por Mark Abshire. Chivens tamén abandonou Fu Manchu por ese tempo por razóns descoñecidas. En vez de incorporar un novo vocalista, Scott Hill asumiu ese papel mentres continuaba cos seus labores de guitarrista. Para compensar, Scott Votaw foi recrutado para tocar a guitarra. En 1992, Fu Manchu editou tres sinxelos: "Senioritis", "Pick Up Summer", e "Don't Bother Knockin' (If This Vans Rockin')". En 1993, Votaw deixou a banda sendo substituída polo antigo batería de Olivelawn Eddie Glass, que na actualidade toca coa banda Nebula.
Co éxito de Nirvana a principios dos 90, Fu Manchu foi abordada por unha grande discográfica que lle deu cartos para gravar unha demo e así determinar se eran axeitados para a gravación dun álbum. Segundo os membros da banda, eles gravaron a demo sen intención de asinar co selo. O seu plan era entrar a gravar un álbum como tal, non unha demo, que posteriormente editarían independentemente. Iso foi precisamente o que ocorreu; Fu manchu non asinou co grande selo, pero o resultado das gravacións foron o seu primeiro álbum, No One Rides for Free, editado polo selo independente Bong Load Custom Records en 1994.
Abshire deixou Fu Manchu antes da gravación do segundo álbum, Daredevil en 1995. Foi substituído por Brad Davis. Romano e Glass abandonaron pouco despois da edición do terceiro traballo da banda, In Search Of... (1996), e serían substituídos por Brant Bjork e Bob Balch respectivamente. Glass, Romano e Abshire formarían pouco despois Nebula.
Fu Manchu editaría posteriormente varios álbum exitosos e reforzaron a súa reputación como banda cun potente directo. Esta fama fórona gañando cos anos debido ás súas actuacións xirando con bandas coma Kyuss, Monster Magnet, Marilyn Manson, Clutch, Corrosion of Conformity ou White Zombie entre outros.
Brant Bjork deixaría a banda despois da edición do seu disco California Crossing no ano 2002, para facer carreira en solitario, e foi substituído polo antigo batería das bandas Sunshine e Smile Scott Reeder (moitas veces confundido co baixista de Kyuss, Unida e Goatsnake Scott Reeder). No ano 2004, Fu Manchu editaría o seu oitavo traballo, Start The Machine.
O último traballo da banda titúlase We Must Obey, e foi lanzado o 19 de febreiro do ano 2007. Ese ano a banda gastou gran parte do tempo de xira, tocando polos Estados Unidos e por Europa. A finais do ano editaron o sinxelo "Knew It All Along".
En febreiro do 2008, a súa canción "Mongoose" (do álbum California Crossing) apareceu nun anuncio da Super Bowl do Toyota Sequoia.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
No One Rides for Free | 1994 | Bong Load Records |
Daredevil | 1995 | Mammoth Records |
In Search Of... | 1996 | Mammoth Records |
The Action is Go | 1997 | Mammoth Records |
Eatin' Dust | 1999 | Mammoth Records |
King of the Road | 2000 | Mammoth Records |
California Crossing | 2002 | Mammoth Records |
Start the Machine | 2004 | DRT Entertainment |
We Must Obey | 2007 | Century Media |
Signs of Infinite Power | 2009 | Century Media, At The Dojo Records |
Gigantoid | 2014 | At the Dojo Records |
Clone of the Universe | 2018 | At the Dojo Records |
The Return of Tomorrow | 2024 | At the Dojo Records |
Recompilatorios e directos
[editar | editar a fonte]- Return to Earth 91-93 - 1998 (Elastic Records)
- Go for it... Live! - 2003 (Steamhammer Us)