[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

From Yesterday

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«From Yesterday»
sinxelo de 30 Seconds to Mars
do álbum 'A Beautiful Lie'
Lanzamento xaneiro de 2007
Formato {{{formato}}}
Gravada 2006
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración {{{duración}}}
Discográfica virgin
Produtor(es) Leah Gragham
Escritor(es) Jared Leto
Cronoloxía
«The Kill» «From Yesterday» «A Beautiful Lie»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"From Yesterday" é o terceiro single lanzado pola banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum, "A Beautiful Lie".

Lista de temas

[editar | editar a fonte]

CD (Estados Unidos de América)

[editar | editar a fonte]
# Título Duración
1. "From Yesterday" (Radio Edit) 3:52
2. "The Story" (Live @ AOL Sessions Under Cover) 3:59

CD (Gran Bretaña)

[editar | editar a fonte]
# Título Duración
1. "From Yesterday" (Radio Edit) 3:52
2. "Stronger" (Radio 1 Live) 6:01
3. "From Yesterday" full directors cut video 13:40

Vídeo musical

[editar | editar a fonte]

Jared Leto dixo que o vídeo de “From Yesterday” foi dirixido por un home danés e albino chamado Bartholomew Cubbins, inspirado no período da dinastía da China. Isto simplemente foi unha broma de Cubbins, xa que dita persoa e o protagonista do libro de Dr Seuss, “The 500 Hats of Bartholomew Cubbins”. Porén, algunhas páxinas aínda lle atribúen a Cubbins a dirección. É o primeiro vídeo de música dunha banda de rock estadounidense completamente rodado na República China. Tamén é considerado o vídeo máis caro da historia, cun custo de produción a redor de 13 millóns de dólares, superando en varios millóns de dólares a Michael e Janet Jackson no seu vídeo "Scream/Childhood".

Filmouse coa participación de mil soldados sostendo bandeiras o comezo do vídeo. O mesmo comeza cun neno pequeno, presumiblemente o emperador, onde lle preguntan que é o que desexa para o seu aniversario. Simplemente responde “The Sound of Tomorrow” (“O Son do Mañán”). A acción vaise a unha habitación onde están os membros da banda. Unha muller entra e avisaos de que xa é o momento. Guíaos á entrada do vestíbulo, e desaparece. Os membros camiñan cara ao final do mesmo, onde intentan abrir a porta, mais non poden. As luces apáganse.

Noutra escena, a banda camiña a través de portas enormes, e logo entre soldados. Mentres camiñan, Jared pode ver a unha muller con máscara branca camiñando xunto a eles, pero por fora da multitude de soldados, os cales non poden vela. Son guiados cara ao vestíbulo onde se encontra o emperador, onde lles entregan uns pergamiños. Jared pregúntalle a Shannon Leto, o seu irmán: “This is a gift?” (¿Isto é un regalo?). Cada un deles é conducido a un lugar diferente do reino, onde se encontran con moitas das tradicións chinesas:

  • Matt Wachter encóntrase a un home golpeándose cun látego.
  • Tomo Milicevic encóntrase unha muller morta recostada nunha cama, onde proceden a poñerlle na boca unha pequena bola negra.
  • Shannon ve a un home adulto ao que lle daba de mamar súa nai, ou a esposa.
  • Jared camiña cara a un grupo de homes que están sacrificando a tres mulleres novas.

Tras isto, móstrase a banda vestíndose coa armadura tradicional chinesa. Máis tarde encóntranse para un duelo contra catro homes vestidos iguais que eles. O final do vídeo, os membros da banda loitan contra os outros individuos. Só catro sobreviven, e están a punto de degolarse. Lentamente, cos primeiros acordes da canción "A Beautiful Lie"” de fondo, retíranse as máscaras e se ve que os catro membros da banda están vivos.

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Ano Lista Máxima
posición
2007 U.S. Billboard Hot 100[1] 76
2007 U.S. Billboard Hot 100[2] 75
2007 Modern Rock Tracks 1
2007 U.S. Billboard Hot Mainstream Rock Tracks[3] 11
2007 U.S. Billboard 2007 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs[4] 7
2007 U.S. Billboard Hot Videoclip Tracks[5] 25
2007 Lista de sinxelos de Australia[6] 33
2007 Lista de sinxelos de Nova Zelandia[7] 13
2007 Lista alemá de sinxelos[8] 72
2007 Lista austríaca de sinxelos[9] 53
2007 Lista italiana de sinxelos[10] 36
2007 Lista portuguesa de sinxelos[11] 17
2007 Lista holandesa de sinxelos 8
2007 World Modern Rock Top 30 Singles 11
2008 Lista mexicana de sinxelos 31
2008 Lista de sinxelos de Gran Bretaña (reedición)[12] 37
2008 Latvian Airplay Top 50 [13] 1