Frantz Fanon
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1925 Fort-de-France, Francia |
Morte | 6 de decembro de 1961 (36 anos) Bethesda, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Lugar de sepultura | Aïn Kerma (pt) |
Educación | University of Lyon (en) Universidade Jean Moulin — Lyon 3 (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e Psiquiatría |
Ocupación | escritor, ensaísta, sociólogo, psiquiatra, filósofo, político |
Movemento | Decolonialidade (pt) |
Influencias | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra de Alxeria segunda guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Josie Fanon |
Fillos | Mireille Fanon Mendès-France |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) , (sec:Fanon, Frantz (1925-1961), p.493-495) Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
|
Frantz Fanon, nado en Fort-de-France o 20 de xullo de 1925 e finado en Bethesda (Maryland) o 6 de decembro de 1961, foi un psiquiatra e autor francés da illa de Martinica. Teórico da descolonización, centrou a súa análise nas consecuencias psicolóxicas da colonización sobre o colonizado, os seus traballos inspiraron os movementos de liberación dos últimos corenta anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos deixou Martinica para unirse na Dominica ás Forzas Francesas Libres, participou na guerra en Europa, estivo na batalla de Alsacia. En 1945 volveu a Martinica por breve tempo, regresou a Francia para estudar medicina e psiquiatría. En 1951 realizou a súa residencia en psiquiatría con Francesc Tosquelles, exiliado catalán fundador da psicoterapia institucional. En 1953 estableceuse en Alxeria como xefe de servizo no Hospital Psiquiátrico de Blida-Joinville, introduciu métodos modernos de socioterapia ou psicoterapia institucional que adaptou á cultura dos doentes musulmáns.
En Francia escribiu o seu primeiro libro, Peau noire, masques blancs publicado en 1952, libro no que afirma que ser colonizado é máis que ser subxugado fisicamente, tamén o é culturalmente, perder unha lingua e asumir outra, xa que "Falar (unha lingua)... significa sobre todo asumir unha cultura, (implica) absorber o contido dunha civilización".
En 1954 ingresou na Fronte de Liberación Nacional. En decembro de 1956 dimitiu do seu posto, expulsado de Alxeria en xaneiro de 1957 marchou a Tunisia onde colaborou co órgano central de prensa do FLN, El Moudjahid.
A súa obra fundamental foi Les damnés de la terre (1961) cun limiar de Jean-Paul Sartre, o libro concíbeo como un manifesto pola loita anticolonial e a emancipación do terceiro mundo, mesmo pola vía violenta.
Morreu de leucemia nos Estados Unidos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frantz Fanon |