Francisco Manuel de Melo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1608 Lisboa, Portugal |
Morte | 24 de agosto de 1666 (57 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor, oficial, poeta |
Outro | |
Título | Cavaleiro da Ordem de Cristo (pt) (1631–) |
Parella | Maria (–1658) |
Fillos | Bernarda |
Pais | Luís de Melo e María de Toledo y Mazuelos |
Parentes | Francisco de Melo Manuel, curmán Agostinho Manuel de Vasconcelos, curmán |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Francisco Manuel de Melo, nado en Lisboa o 23 de novembro de 1608 e finado o 24 de agosto de 1666, foi un escritor, político e militar portugués, aínda que pertenza, de igual xeito, á historia literaria, política e militar da España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É un representante máximo da literatura barroca peninsular. Dedicouse á poesía, ao teatro, á historia e a epistolografia. Tendo publicado cerca de dúas decenas de obras durante a súa vida, foi aínda autor doutras, publicadas postumamente.
Francisco Manuel de Melo estivo ao servizo do rei Filipe IV, logo ao do xa independente monarca portugués. En castelán escribiu a Historia de los movimientos, separación y guerra de Cataluña (1645). En Alterações de Évora, analiza os inicios do movemento independentista de Portugal en 1640. O Auto do Fidalgo Aprendiz está considerado a mellor peza teatral lusa do XVII. Escribiu tamén o ensaio moralizante Carta de Guía de Casado (1650).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Manuel de Melo |