Francisco Candeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1956 (68 anos) Ponteareas, España |
Alcalde de Ponteareas | |
2003 – maio de 2004 (moción de censura) ← Nava Castro – Salvador González Solla → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, historiador, profesor de ensino secundario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Francisco de Asís Candeira Mosquera "Pancho", nado en Ponteareas o 26 de febreiro de 1956, é un historiador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Residiu en Vigo onde cursou estudos non universitarios, con frecuentes estancias en Ponteareas. Na Universidade de Santiago de Compostela estudou Xeografía e Historia entre 1973 e 1978, especializándose en Historia Contemporánea (1978).
Na súa etapa universitaria foi militante do Partido Socialista Galego e participou na campaña das primeiras eleccións democráticas de 1977 en España, onde coñeceu persoalmente o poeta Celso Emilio Ferreiro.[Cómpre referencia]
Dende 1979 exerceu como profesor titular de Xeografía, Historia e Lingua Galega e Literatura nun Instituto de Vigo. A partir de 1983 pasou a residir permanentemente en Ponteareas. Foi profesor no colexio San Miguel II, onde se xubilou en 2021.
Foi cofundador, en 1984, da revista A Peneira na que colaborou tamén con distintos artigos. Colaborou na revista Grial (nº 81), en La Voz de Galicia, e nas ponteareás Lonxe da Terriña, Soberosum e Pregón.
Política
[editar | editar a fonte]Dende 2001 ata xullo de 2011 foi o Secretario Xeral da Agrupación de Ponteareas do PSdeG-PSOE. Ten participado en calidade de delegado en cinco congresos nacionais galegos e en dúas conferencias políticas do PSdeG, así como no 37 Congreso Federal do PSOE de xullo do 2008.
Concelleiro en Ponteareas polo PSdeG-PSOE entre 1983 e 1987 e entre 1999 e 2011. Candidato á alcaldía de Ponteareas en 2003, 2007 e 2011. En xuño de 2003 foi nomeado alcalde de Ponteareas cargo que exerceu ata maio de 2004,[1] sendo o responsable da retirada da Praza Maior da vila o busto do xeneral Franco e da eliminación dos nomes franquistas das rúas de Ponteareas.[Cómpre referencia]
Predecesor: Nava Castro |
Alcalde de Ponteareas 2003 - 2004 |
Sucesor: Salvador González Solla |
Obras
[editar | editar a fonte]- Caciquismo e poder local na Galicia da Restauración (Distrito de Ponteareas, 1881-1894), 1990.
- O Condado na IIª República (1931-1939), 1999.
- Crimes antigos na Galicia rural (O Condado, 1911-1937). 2022.
- Crímenes antiguos en la Galicia rural, 2022.
- A obra literaria de Roque Pesqueira Crespo (Obra completa), 2022.
- Da terra espoliada. Poder político, control social, explotación económica e fame no primeiro franquismo. O Condado 1936-1959, 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gabino Porto (4 de novembro de 2006). "Francisco Candeira Mosquera, portavoz municipal y candidato a la Alcaldía de Ponteareas por el PSdeG-PSOE: "Saben que no tragué con lo que hiciera falta para seguir en el sillón"". Faro de Vigo.