[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Francesco Petrarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancesco Petrarca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1304 Editar o valor en Wikidata
Arezzo (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 1374 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Arquà Petrarca (República de Venecia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaArquà Petrarca (pt) Traducir
Q55086272 Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña (1320–1323)
Universidade de Montpellier - dereito (1316–1320) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, montañista, autobiógrafo, filólogo, humanista, escritor, tradutor, letrista, poeta, clérigo católico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 1374 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e Prosa Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPietro Cerniti (en) Traducir, Jacobus de Belviso (en) Traducir, Barlaão de Seminara (pt) Traducir e Giovanni d'Andrea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosGiovanni Malpaghini (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisPetracco Editar o valor en Wikidata  e Eietta Canigiani Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX886780 Bitraga: 305 Spotify: 1WxDOiNZ4empnM1x2YCXHc Musicbrainz: a2109c59-5f37-4cab-8b7d-1927d586b36f Discogs: 504673 IMSLP: Category:Petrarca,_Francesco WikiTree: Petrarca-13 Find a Grave: 14937853 Editar o valor en Wikidata
Francesco Petrarca.

Francesco Petrarca, nado en Arezzo o 20 de xullo de 1304 e finado en Padua o 19 de xullo de 1374, foi un importante escritor, poeta e humanista italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Petrarca naceu en Arezzo, fillo dun notario, e pasou a súa infancia na pequena cidade de Incisa in Val d'Arno, preto de Florencia. O seu pai, Ser Petracco, exiliárase en Florencia en 1302, xunto con Dante, polos güelfos negros. Petrarca pasou gran parte dos seus primeiros anos en Aviñón e Carpentras, para onde se mudou a súa familia, para seguir ao papa Clemente V, que instalou o papado de Aviñón en 1309.

Inicialmente, estudou en Montpellier (1316–1320) e Boloña (1320–1326), onde o seu pai insistiu que estudase Dereito. Con todo, Petrarca interesábase pola escritura e a literatura latina.

Trala morte do pai, en 1326, volveu a Aviñón, onde traballou en varios e diferentes empregos burocráticos, tendo así máis tempo libre para traballar nos seus escritos. Ao ser lanzada a súa primeira grande obra, Africa, un poema épico en latín sobre o xeneral romano Scipio Africanus, Petrarca converteuse nunha celebridade en Europa. En 1341, trouxo de volta a antiga tradición da laurea poetas e foi coroado en Roma, sendo o primeiro home, dende a antigüidade, que recibiu esa honra.

Viaxou intensamente por Europa e traballou como embaixador. Gustáballe escribir cartas e tivo a Boccaccio como un dos seus amigos. Durante as súas viaxes coleccionou manuscritos antigos e foi dos primeiros que redescubriu o coñecemento da Roma e a Grecia Antiga. Entre outras realizacións, participou da primeira tradución latina de Homero e en 1345, descubriu persoalmente unha colección inédita de cartas de Cicerón. Desdeñando o que cría ser a ignorancia dos séculos que precederon o seu tempo, dise que Petrarca usou a expresión "Idade das Tebras" para referirse á Idade Media.

Petrarca afirmaba que o 26 de abril de 1336, xunto co seu irmán e dous servos, alcanzou o cumio do Monte Ventoux (1909 m) e escribiu un relato ficticio da aventura, composto tempos máis tarde na forma de cartas para o seu amigo Francesco Dionigi. Posteriormente, ese relato converteuse na historia dunha expedición real de alpinismo. Por ese motivo, ese día está considerado o día do nacemento do alpinismo, e Petrarca considérase o "pai do alpinismo". Na última parte da súa vida viaxou bastante polo norte de Italia.

A súa carreira na Igrexa non permitiu que casase, mais considerouse postumamente o pai de dous nenos. En 1367, estableceuse en Padua, onde pasou os seus últimos anos en contemplación relixiosa. Doou a súa notábel biblioteca de manuscritos á cidade de Venecia, onde forman parte do núcleo da Biblioteca Marciana.

Morreu no Véneto o 19 de xullo de 1374.

Laura e a poesía

[editar | editar a fonte]

O nome de Petrarca está asociado de maneira indisolúbel ao de Laura, a muller amada que canta en Rerum vulgarium fragmenta ("Fragmentos en lingua popular"), máis coñecidos polo nome de Il Canzoniere ("O cancioneiro"). Un venres de 1327, a visión dunha muller chamada Laura na igrexa de Santa Clara de Aviñón espertou en Petrarca unha paixón duradeira, celebrada nas Rime sparse ("Rimas esparsas"). Máis tarde, poetas renacentistas que copiaron o estilo de Petrarca deron o nome de Cancioneiro a esa colección de 366 poemas. Laura puido ser Laura de Noves, esposa de Hugues de Sade (antergo do marqués de Sade). Petrarca sempre negou a acusación de que ela fose unha personaxe idealizada ou cun pseudónimo, a pesar de que o nome Laura ten semellanza con láurea). A súa descrición realista nos seus poemas contrasta cos estereotipos do trobadorismo e do amor cortés. A súa presenza causou no poeta unha ledicia indescritíbel, mais o seu amor non correspondido creaba desexos instantáneos. Hai pouca información concreta na obra de Petrarca sobre Laura, agás que é bela, ten cabelos claros e é unha moza modesta e digna. Laura e Petrarca tiveron pouco ou ningún contacto persoa. De acordo co seu Secretum, ela recusábao porque xa estaba casada con outro home. El canalizou os seus sentimentos nos poemas de amor que eran exclamatorios e escribiu prosa en que mostraba o seu desprezo por homes que buscaban mulleres.

Petrarca perfeccionou a coñecida forma do soneto, herdada de Giacomo da Lentini, e que Dante empregosu amplamente. Moitos dos poemas de Petrarca, coleccionados no Cancioneiro (dedicado a Laura), eran sonetos. O compositor romántico Franz Liszt musicou algúns dos sonetos de Petrarca en Tre sonetti del Petrarca.

Obras latinas

[editar | editar a fonte]
  • Opera Latina, edición de Sebastian Brant. Basilea: Johann Amerbach, 1496.
  • Edizione Nazionale delle Opere di Francesco Petrarca. Florencia, Sansoni, 1926 ss.[1]
  • 'Petrarca del Centenario'. Florencia, Le Lettere, 2005 ss.[2]
  • Africa, escrito entre 1338 e 1339. Poema heroico incompleto sobre a segunda guerra púnica e en particular sobre as xestas de Publio Cornelio Escipión.
  • Bucolicum carmen, composto entre 1346 e 1357 e constituído por doce églogas sobre temas amorosos, políticos e morais.
  • Epistole metricae escritas entre 1333 e 1361, 66 cartas en hexámetros, das que algunhas tratan sobre amor, aínda que a maioría trata sobre política, moral ou materias literarias.
  • Carmina varia, que recogen poemas dispersos en varios lugares:
1-6: F. Petrarchae, Poemata minora quae extant omnia, vol. III, Medioelani 1834.
7-24: K. Burdach, Von Mitteralter zur Reformation. IV. Aus Petrarcas Altestem Deutschen Schülerkreise, Berlin 1929.
25: E.H. Wilkins, The Making of the "Canzoniere" and other petrarchan Studies, Roma, Edizioni di Storia e Letteratura 1951, p. 303.
26: G. Billanovich, «Un carme ignoto del Petrarca», Studi petrarcheschi, V (1989) pp. 101-125.
Retrato de Francesco Petrarca. Altichiero, 1370-1380
Estatua de Petrarca, Galleria degli Uffizi, Florencia
  • De viris illustribus (1337), colección de biografías de homes ilustres redactada a partir de 1337 e dedicada a Francesco da Carrara, señor de Padua en 1358.
  • Rerum memorandarum libri (1350), colección de exemplos históricos e anécdotas reunidas cun propósito de educación moral.
  • Itinerarium ad sepulcrum Domini, descrición dos lugares que se vai atopando na viaxe dende Xénova a Xerusalén.
  • Secretum ou De secreto conflictu curarum mearum, composto entre 1347 e 1353, e logo revisado, diálogo imaxinario en prosa latina en tres libros entre o poeta mesmo e santo Agostiño.
  • De vita solitaria (circa 1346-1356), tratado relixioso e moral.
  • De otio religioso (1346-1356) é un tratado que exalta a vida monástica e o otium ou tranquilidade de espírito definida como a mellor condición de vida posible.
  • De remediis utriusque fortunae (1360-1366), colección de breves diálogos escritos en prosa latina, composta de 254 escenas de diálogos entre entidades alegóricas.
  • Invectivarum contra medicum quendam libri IV (1355)
  • De sui ipsius et multorum ignorantia (1368)
  • Invectiva contra cuiusdam anonimi Galli calumnia ou Contra eum qui maledixit Italiam
  • Epistole (Familiares, Seniles, Sine nomine, Variae)
  • De gestis Cesaris
  • Psalmi penitentiales
  • Posteritati, epístola excluída pola súa propia vontade da colección Seniles, en que se describe á posteridade cos atributos que poden ser propios do humanista (recuperación da cidadanía clásica e o amor polo latín)
  • Contra quendam magni status hominem
  • Collatio laureationis
  • Collatio coram Johanne rege
  • Collatio inter Scipionem, Alexandrum, Hannibalem
  • Arringhe
  • Orationes
  • Testamentum.
  • Vita Terrentii

Agrúpanse por títulos como Familiares, Seniles e Sine nomine liber, que conteñen algunhas sobre política e polémicas, e as Variae.

Obras en italiano

[editar | editar a fonte]
  • Cancioneiro, orixinariamente, Francisci Petrarchae laureati poetae Rerum vulgarium fragmenta, comprende 366 pezas: 317 sonetos, 29 cancións, nove sextinas, sete baladas e catro madrigais.
  • I trionfi
  • Frammenti e rime extravaganti
  • Testi del Vaticano latino 3196.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]